[Empresas] Videoxogo para a igualdade

Suso Baleato suso.baleato en xunta.es
Mer Ago 22 18:23:45 CEST 2007


Boas,

Escrebo a iste correo tal como me suxeristes tras consulta telefónica,
acerca da iniciativa do videoxogo para promover a igualdade.

http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=598&lg=gal

En primeiro lugar parabenizarvos pola iniciativa, en especial pola
esixencia de cumplimento do estándar SCORM que favorece a
interoperabilidade dada a súa especificación aberta.

Estanme chamando de asociacións e mais de empresas en relación a esta
iniciativa, molestas polo feito de que a Xunta esté a promover a
contratación dun produto de software sen garantías de retorno da inversión
pública, xa que a plataforma esixida é privativa, en tanto que non se
esixe nin o uso dunha licenza aberta para o código nin tampouco que o
produto sexa multiplataforma.

http://xunta.es/contratacion/arquivo?N=8564&T=2&F=0

Agradeceríavos que me confirmarades a vontade de que o código desta
aplicación será distribuído baixo licenza libre e que será multiplaforma,
pra evitar de antemán calquera reacción negativa ou mal entendido por
parte da comunidade e a industria do software libre galega.

Un saúdo, e de novo parabéns pola iniciativa.

---
638 035 310