From mancomun en www.mancomun.org Fri Nov 2 08:47:18 2007 From: mancomun en www.mancomun.org (mancomun) Date: Fri, 02 Nov 2007 08:47:18 +0100 Subject: [Empresas] =?iso-8859-15?q?Invitaci=F3n_=E1_presentaci=F3n_sobre_?= =?iso-8859-15?q?o_DVD_Ferramentas_Inform=E1ticas_para_a_PEME?= Message-ID: <472AD606.1030706@www.mancomun.org> Estimados amigos: Mancomun.org convida ás empresas das tecnoloxías da información e da comunicación a participar na xornada de traballo sobre o *DVD */*Ferramentas Informáticas para a PEME*,/ recompilación de ferramentas informáticas de licenza libre que cobren as necesidades comúns das empresas do noso país no uso das novas tecnoloxías. O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) o día *7 de novembro* e dará comezo ás 16:30 horas. Por motivos de aforo *é imprescindible a confirmación da asistencia* no enderezo eventos en mancomun.org. O programa é o seguinte: *16:30* Recepción, entrega de material. Café ou té de cortesía. *17:00* Benvida e presentación da iniciativa a cargo de Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria. *17:30* Demostración do DVD *17:40* Mesa redonda sobre a iniciativa moderada por Xesús Manuel Benítez Baleato, Coordinador de Mancomun.org coa participación de: * / /Helena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria. * Javier Vázquez, Presidente de AGASOL, Asociación Galega de Empresas de Software Libre. * Francisco Rodríguez, membro do Grupo de Investigación de Ferramentas Abertas de Xestión Empresarial da ESEI de Ourense, Universidade de Vigo. *18:40* Posta en común da mesa co público asistente acerca do DVD das PEME *19:30* Aperitivo e Viño Galego Por motivos de aforo _requírese_ confirmación de asistencia enviando correo electrónico a eventos en mancomun.org . Grazas e un saúdo. -- Mancomun.org Iniciativa Galega polo Software Libre www.mancomun.org xoanf en cesga.es Telf: 981 56 98 10 Ext:247 Fax: 981 59 46 16 Centro de Supercomputación de Galicia Avda. de Vigo s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela