From mancomun en mancomun.org Tue Jun 10 14:35:11 2008 From: mancomun en mancomun.org (mancomun) Date: Tue, 10 Jun 2008 14:35:11 +0200 Subject: [Empresas] =?iso-8859-15?q?Informaci=F3n_sobre_plan_de_capacitaci?= =?iso-8859-15?q?=F3n_TIC_en_SwL_de_Mancom=FAn?= Message-ID: <484E74FF.2040103@mancomun.org> É probable que moitas das empresas que estades suscritas a esta lista xa esteades ao tanto, pero para que ninguén se quede fora por falta de información enviamos este correo. Dende Mancomún estamos a organizar un plan de capacitación en SwL orientado orientado a empresas galegas de servizos TIC que non teñan moita experiencia co Software Libre para que sexan quen de ofrecer servizos TIC en SwL ao resto da PEME galega é á sociedade en xeral. Toda a información relativa a este plan pódese consultar na web de mancomún (http://www.mancomun.org/novas/politicas-e-iniciativas/mancomun-formara-a-empresas-galegas-tic-no-eido-do-software.html). O primeiro curso piloto terá lugar entre o 13 de xuño e o 19 de xullo os venres de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 na cidade de Santiago de Compostela. Aínda está aberta a inscrición (máximo 15 empresas). Para iso deben enviar o formulario de inscrición debidamente cuberto a formar @ mancomun.org Atentamente, un cordial saúdo. Mar Castro Coordinadora de formación de Mancomún - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre ------------ próxima parte ------------ Borrouse un adxunto en formato HTML... URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/empresas/attachments/20080610/9a41f803/attachment.htm From suso.baleato en xunta.es Mon Jun 16 23:48:59 2008 From: suso.baleato en xunta.es (suso.baleato en xunta.es) Date: Mon, 16 Jun 2008 23:48:59 +0200 Subject: [Empresas] =?iso-8859-1?q?Delegaci=F3n_Galega_na_Conferencia_Inte?= =?iso-8859-1?q?rnacional_de_Software_Libre_2008_=28M=E1laga=29?= Message-ID: <20080616214859.GA6971@localhost> Boas, Vimos de poñer en marcha un wiki para a coordenación da delegación galega na Conferencia Internacional de Software Libre que este ano se celebrará en Málaga (Andalucía) entre os días 20 e 22 de outubro de 2008: http://wiki.mancomun.org/index.php/CISL2008 Dado o recoñecemento e as espectivas que está a espertar en Europa [1] o modelo galego de promoción de software libre e dos estándares abertos, existe a vontade de reforzar a presenza galega nesta edición. Con este propósito, e de igual forma que en anteriores edicións, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información (Consellaría de Innovación e Industria) ven de encomendarlle ao Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) a coordenación desa delegación. Posto que as cousas ben feitas requiren o seu tempo, queremos extender ao conxunto da comunidade galega do software libre este chamamento que facemos con catro meses de antelación sobre a data prevista de celebración. Porén compre resaltar que a organización do evento de situar como fin de prazo para aceitar propostas de ponencias o último día deste mes. Pregámosvos que encamiñedes as vosas propostas a través do enderezo de correo electrónico eventos en mancomun.org Saúdos, - [1] http://www.mancomun.org/novas/ofertas-de-emprego/investigadores-europeos-ven-en-mancomun-unha-iniciativa-exemplar-para-a-implantacion-d.html -- Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza) (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 From itourinho en cesga.es Tue Jun 24 11:52:59 2008 From: itourinho en cesga.es (=?ISO-8859-15?Q?Irene_Touri=F1o?=) Date: Tue, 24 Jun 2008 11:52:59 +0200 Subject: [Empresas] =?iso-8859-15?q?Chamamento_=E1_participaci=F3n_na_Conf?= =?iso-8859-15?q?erencia_Internacional_de_SwL_2008?= Message-ID: <4860C3FB.1040801@cesga.es> Estimados compañeiros, Como saberedes, a Conferencia Internacional de Software Libre 2008 celebrarase este ano no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga entre os días 20 e 22 de outubro. Este encontro, baixo o lema "Un camiño sostible", reunirá a máis de 6.000 participantes do eido empresarial, do académico, das administracións públicas, así coma aos desenvolvedores e aos membros das comunidades de software libre e de fonte aberta. A conferencia, tras cinco edicións, tense convertido nunha *cita obrigada* para as persoas e as empresas relacionadas co software libre. Facendo deste evento, un punto de encontro inexcusable para a difusión de calquera iniciativa vinculada a este campo. Dende o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia, co apoio da Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da información, Helena Veiguela, queremos *reforzar este ano a presencia galega* no evento, coordinando as propostas co fin de reflexar do mellor modo posible a dimensión que este movemento ten adquirido en Galicia. Por esa razón, facemos un chamamento ás empresas de software libre da nosa comunidade a participar e a remitirnos as súas suxerencias para que poidamos coordinar as distintas propostas. O *prazo de presentación remata o vindeiro día 30*, polo que vos pregariamos a maior celeridade no asunto. As formas de participación pódense consultar no seguinte enderezo: http://www.opensourceworldconference.com/oswc/calls/ As empresas, que así o desexen, tamén poderán participar como patrocinadoras do evento (adxuntamos documento informativo a este respecto). Para concretar as vosas propostas, por favor enviádeas a eventos en mancomun.org ou ben accedede ao wiki http://wiki.mancomun.org/index.php/CISL2008 Un saúdo, Irene Touriño -- Irene Touriño Eirín - Mancomun.org Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia http://www.mancomun.org mancomun en mancomun.org