[Empresas] Información sobre plan de capacitación TIC en SwL de Mancomún
mancomun
mancomun en mancomun.org
Mar Xuñ 10 14:35:11 CEST 2008
É probable que moitas das empresas que estades suscritas a esta lista xa
esteades ao tanto, pero para que ninguén se quede fora por falta de
información enviamos este correo.
Dende Mancomún estamos a organizar un plan de capacitación en SwL
orientado orientado a empresas galegas de servizos TIC que non teñan
moita experiencia co Software Libre para que sexan quen de ofrecer
servizos TIC en SwL ao resto da PEME galega é á sociedade en xeral.
Toda a información relativa a este plan pódese consultar na web de
mancomún
(http://www.mancomun.org/novas/politicas-e-iniciativas/mancomun-formara-a-empresas-galegas-tic-no-eido-do-software.html).
O primeiro curso piloto terá lugar entre o 13 de xuño e o 19 de xullo os
venres de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
na cidade de Santiago de Compostela. Aínda está aberta a inscrición
(máximo 15 empresas). Para iso deben enviar o formulario de inscrición
debidamente cuberto a formar @ mancomun.org
Atentamente, un cordial saúdo.
Mar Castro
Coordinadora de formación de Mancomún - Centro de Referencia e Servizos
de Software Libre
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/empresas/attachments/20080610/9a41f803/attachment.htm