[Empresas] Chamamento á participación na Conferencia Internacional de SwL 2008
Irene Touriño
itourinho en cesga.es
Mar Xuñ 24 11:52:59 CEST 2008
Estimados compañeiros,
Como saberedes, a Conferencia Internacional de Software Libre 2008
celebrarase este ano no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga entre os
días 20 e 22 de outubro. Este encontro, baixo o lema "Un camiño
sostible", reunirá a máis de 6.000 participantes do eido empresarial, do
académico, das administracións públicas, así coma aos desenvolvedores e
aos membros das comunidades de software libre e de fonte aberta.
A conferencia, tras cinco edicións, tense convertido nunha *cita
obrigada* para as persoas e as empresas relacionadas co software libre.
Facendo deste evento, un punto de encontro inexcusable para a difusión
de calquera iniciativa vinculada a este campo.
Dende o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia, co
apoio da Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
información, Helena Veiguela, queremos *reforzar este ano a presencia
galega* no evento, coordinando as propostas co fin de reflexar do mellor
modo posible a dimensión que este movemento ten adquirido en Galicia.
Por esa razón, facemos un chamamento ás empresas de software libre da
nosa comunidade a participar e a remitirnos as súas suxerencias para que
poidamos coordinar as distintas propostas. O *prazo de presentación
remata o vindeiro día 30*, polo que vos pregariamos a maior celeridade
no asunto.
As formas de participación pódense consultar no seguinte enderezo:
http://www.opensourceworldconference.com/oswc/calls/
As empresas, que así o desexen, tamén poderán participar como
patrocinadoras do evento (adxuntamos documento informativo a este
respecto).
Para concretar as vosas propostas, por favor enviádeas a
eventos en mancomun.org ou ben accedede ao wiki
http://wiki.mancomun.org/index.php/CISL2008
Un saúdo,
Irene Touriño
--
Irene Touriño Eirín - Mancomun.org
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
http://www.mancomun.org
mancomun en mancomun.org