[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Unha mellor estratexia

xabier xabier en tagenata.com
Xov Dec 21 21:34:09 CET 2006


O problema está en que os paquetes .deb que se están a xerar son para
Ubuntu e non para Debian.


Non sei cal é a distribución que usas, pero en debian etch produce unha
inconsistencia total na base de datos dos paquete que che imposibilita a
actualización ou instalación de novos paquetes sen desinstalar
openoffice.org de mancomún, o que impide cousas tan básicas como as
actualizacións de seguridade.
Según teño entendido (xa que non a uso) en Sid, non pasa (este dato non
o comprobei) xa que posibelmente a versión de Ubuntu que se está a
empregar para crear os paquetes, mantén unha alta compatiblidade con
esta versión.
En Sarge tamén casca.  


No curre, onde admisnitro 11 máquinas con debian como "escritorio" non
podo poñer nen sequera o paquete co corrector (non pido o contorno, do
que por agora conformome con non o ter en galego) xa que no proceso
automático de engadir o paquete  como "novo diccionario" quedome sen a
metade da pantalla; sei que non ocurre en todos os casos xa que outra
xente foi capaz de instalalo.

Hai formas de actualizar unha máquina mantendo unha serie de paquetes
que non se actualicen, pero non creo que sexa unha solución, nen que se
lle poida esixir a unha persoa que non controle do tema que faga un
"master" para ter unha aplicación funcionando.


En definitiva, que cos paquetes de mancomún co openoffice.org estou no
choio igual que fai catro anos: sen corrector de galego para a xente que
traballamos con SL.


A solución técnica que escollimos, foi crear os nosos propios
paquetes .deb do openoffice.org para a distro que utilizamos nos
escritorios.

Saúdos.







O Xov, 21-12-2006 ás 20:06 +0100, Leandro Regueiro escribiu:
> Eu agardo con moita impaciencia paquetes nativos de distros que
> incluan a traducion ó galego do openoffice. Estou farto de ter que
> aplicar os parches que dan en mancomun e que pode ser que produzan
> inconsistencias na base de datos de paquetes.


>  Prefiro paquetes nativos
> que xa bastantes problemas nos dan.
> 
> Ata logo,
>               Leandro Regueiro
> 
> On 12/21/06, "Xabi García" <xabigf en gmx.net> wrote:
> > Tratándose da lista ferramentas e estratexias da tradución, non sería mala idea propór coma estratexia ao(s) responsábel(eis) do mantemento ou tradución do openoffice e o corrector adxacente, que se publique como é debido no mundo do software libre dito traballo. Por se non queda moi claro, vendo que a xente encargada non está moi posta nos hábitos ben por descoñecemento (conseguinte ineptitude, perdoade que sexa directo) ou deixadez:
> >
> > a) Versións en código fonte (parches se é preciso) do paquete de idioma. Ou ben empaquetar como é debido para todas as distros (o paquete de debian actual é inservíbel). Non estaría mal un bo "changelog", unha empaquetación estándar e demáis cousas que fan que o traballo sexa utilizábel por un usuario de linux.
> >
> > b) Cando sexa procedente, mesturar o traballo no control de revisións oficial de openoffice e deixarse de lerias para reservarse a novidade. Mentres tanto, a tradución é de andar por casa.
> >
> > Isto ven a conto porque hoxe mesmo tentei por primeira vez meter a cousa en galego e non podo poñer o Openoffice en galego pese a ser usuario de software libre !¡
> > --
> > Der GMX SmartSurfer hilft bis zu 70% Ihrer Onlinekosten zu sparen!
> > Ideal für Modem und ISDN: http://www.gmx.net/de/go/smartsurfer
> > _______________________________________________
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> >
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego