[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Unha mellor estratexia
Nacho
nacho.resa en gmail.com
Ven Dec 22 19:43:48 CET 2006
Unha mágoa que me perdera esta conferencia desde o comezo.
Se repito algo perdoade pero non teño tempo a ler todo.
Para empezar saúdos a todos.
1- En Sid non vai o OpenOffice.
2- Para que distribuídes todo o paquete? Con distribuir só o paquete da
tradución
xa debería chegar.
3- Non sei no caso do OpenOffice pero no de Gnome cando o coordinador
está sen dar sinais de vida, o equipo de Gnome ao pasar unha semana
concédelle o estado de coordinador ao solicitante. Eu falara con Rubén hai
un tempo
e dixérame que tentaría meter a tradución de mancomun. Por qué non falades
ou
tentades falar outra vez con el?
Bo nadal a todos.
On 12/22/06, Antonio Perez Casas <antonio en concheiros.net> wrote:
>
> Boas a todos,
>
> O primeiro agradecer as diferentes aportacións que van aparecendo, tan
> só repetir que todo o mundo esta a tope, que hai moitas máis tarefas que
> o OpenOffice e sobre todo, como se ve nos diferentes correos cruzados,
> todos coincidimos.
>
> Por suposto non hai ningunha dobre intencionalidade nos temas que
> comentades, ...., hai máis de prudencia en non suplantar a ninguén tal
> como se nos solicitou na reunión con Trasno e outros grupos, que ademáis
> coincidía coa nosa idea, e por último que eu persoalmente se algo máis
> do que recoñecía no meu anterior mail sobre distribucións, e certo que
> máis teoria que practica, recoñecendo en calquera caso que non me adico
> a programar dende fai bastantes anos, supoño que non é un pecado. Por
> certo escribo nesta lista como uno máis, coa miña opinión persoal, non
> como Asesor da consellaría.
>
> Por último boas festas e feliz ano novo, Antonio.
>
>
> mvillarino wrote:
> > O Xoves, 21 de Decembro de 2006 23:30, Antonio Perez Casas escribiu:
> >
> >>Descoñezo as diferentes posibilidades de distribución, si sei que é unha
> >>persoa allea, creo que Rubén Da Silva como coordinador oficial quen ten
> >>a responsabilidade de subir as diferentes versións a openoffice.org, e
> >>tamén animo, xa que a equipa de mancomun esta a tope de traballo, a que
> >>si outros preparachedes outras distribucións, as aportedes a mancomun
> >>para poder distribuilas axeitadamente, estou seguro que estarán
> >>encantados de poder contar co apoio. Non esquezamos que a base de
> >>mancomun é o traballo colaborativo.
> >
> > Deixando á parte o asunto do sobrada que ande a xente agora polo nadal,
> e o
> > descoñecimento dos sistemas de distribuizón que recoñece o Asesor do
> > Conselleiro para a Sociedade da información...
> >
> > Estou a ver que en debian existen paquetes de dicionarios do corrector
> > hunspell para varias variantes locais do alemán. Estes paquetes son
> > independentes da arquitectura.
> > Dado que en mc.org está disponíbel o código fonte do dicionario ao
> galego
> > ralg-ilg, por que non porse en contacto con roland | rene (at debian.org),
> e
> > tentar convencélos de que se encarguen, polo menos temporalmente, de
> elaborar
> > un paquete para esta distro?
> > Mais ao bruto, non hai ninguén con coñecimentos para asumir esta
> > responsabilidade?
> >
> >
> >
> > ------------------------------------------------------------------------
> >
> > _______________________________________________
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> >
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
>
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego/attachments/20061222/d54d6903/attachment.htm