[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Unha mellor estratexia

J. Arribi arribi en cesga.es
Dom Dec 24 14:29:40 CET 2006


Ola Xabi:


> Ese é o código do OO sen gl. Evidentemente cos ficheiros *.po chega, pero fai 
> falla saber como se pasan ao formato do OO, como se compilan e en que sitios 
> se meten. Entón é máis doado fornecer, para calquera usuario de calquera 
> distro, un paquete cos ficheiros po e unhas reglas de compilación/conversión
> (make, make install). Sei que suporía un traballo pola vosa parte, pero se non 
> non hai xeito de que a xente poida usar o OpenOffice en galego. 
>   
Todo isto estámolo documentando nun wiki que aínda non é público porque 
está incompleto. Esperamos poder facelo en xaneiro.

> Deberiades tratar con más urxencia o da tramitación da coordinación (ou o que 
> faga falta). Segundo o listado de persoas que enviaron o contrato de dereitos 
> á organización de OpenOffice, vós aínda non aparecedes. Enténdese que ou non 
> o recibiron ou algo falla. Logo está o tema da desatención do coordinador 
> actual. Resúltame raro que non se dignen en contestar (polo menos), e 
> posteriormente en actuar. O responsábel da i18n de OO adoita respostar con 
> premura a calquera correo-e, como debe ser.
>   
Tentaremos darlle prioridade e de feito aínda lle escribín a Rubén 
antonte para ver se podía subir el as cadeas mentres tanto.

Saúdos.

J. Arribi
>
>
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>
>