[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Aberta a colaboración na traducion do Joomla 1.5
Camilo Regueiro
camilo.regueiro en dimensiona.com
Mer Nov 8 18:56:18 CET 2006
O dito, xa esta no Entrans das Ciberirmandades a primeira parte da
tradución do Joomla 1.5 (o frontend) para que a comunidade colabore.
Acheganse xa o 40% das cadeas traducidas resultado de recuperar as
traducións das versións anteriores. Hai un compromiso de que Dimensiona
Consultoría Tecnolóxica e Reverso Servizos Linguisticos, darán soporte a
esta tradución, dende o punto de vista técnico e de revisión linguistica
que garantan a calidade final do producto.
Ademais esta tradución será a recoñecida oficialmente por Joomla.org
Pois o dito, a ver se rematamos co FrontEnd axiña para poñernos coa
parte de Administración e Instalación.
Un saúdo