[G11n] GNOME 2.24

suso.baleato en xunta.es suso.baleato en xunta.es
Xov Ago 7 16:24:53 CEST 2008


Boas,

Como sabedes estamos a desenvolver no Centro de Referéncia e Servizos o
metapaquete AraOS [1] en colaboración coa comunidade de Ubuntu.

Como o desenvolvemento do metapaquete está moi avanzado, e pensando xa na
posibilidade de obter unha versión estabel do metapaquete para a Ubuntu 8.10
imos facer o posibel pra respaldar a petición de axuda formulada por Nacho
[2] e súa proposta de incorporación de novas aplicacións [3].

Posto que aínda non temos base de datos terminolóxica, guía de estilo
unificada, servidor de TMX e demais, farémolo seguindo os principios que
vos reseñaba recentemente [4] seguindo os consensos do g11n no que ao
traballo das empresas se refira.

Como Javi Rial é a persona de Mancomún que máis ao tanto está dos detalles,
xa deixo que sexan Nacho e máis él quen se encarguen do upstream e demais,
convidándoos a empregaren esta rolda para calquera cuestion que deba
ser alargada ao resto da comunidade.

Saúdos,

[1] http://wiki.mancomun.org/index.php/ARAOS-devel
[2] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-July/000861.html
[3] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-August/000896.html
[4] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-August/000891.html
-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 687/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>