[G11n] KDE 4.2 liberada, traducida totalmente ó galego
Miguel Branco
mgl.branco en gmail.com
Mar Xan 27 21:04:37 CET 2009
Coma xa collín por costume, mándovos un recordatorio de que hoxe saíu liberada
a nova versión de KDE 4.2 (hai escasamente unhas horas) e de que se
agradecería unha nova en Mancomun.org:
http://www.kde.org/announcements/4.2/guide.php
http://www.kde.org/announcements/4.2/
En canto á l10n; 20 idiomas sobrepasan o 80%, o cal é un verdadeiro éxito.
http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/toplist/
e se non me fallan as contas 53 idiomas traduciron os paquetes esencias, o cal
é motivo de admiración. Isto supón cubrir, como dixen na akademy-es 08, coma
700mill de persoas deste planeta na súa lingua nativa!!. Por certo, moitos
destes idiomas son da rexión da India e do arquipélago Indonesio.
Evidentemente o galego está ó 100% ;) grazas a eminentes trasnos coma Marce
Villarino, quen se adicou a... todo, coordinar e traducir e tamén corrixir; a
Xosé quen fixo moito da documentación, e máis, modestamente, eu. Dicir que a
tradución de KDE 4.2 está mellorada pois con ela empezamos a revisar
traducións, que se converteran nunha aposición de estratos de tradución con
diferentes estilos e diferentes normas feitas en diferentes anos (2000-2009!).
Inda que o traballo é de momento incompleto (está revisado, penso, parte de
Koffice, parte de Kbase e a totalidade de KDEPIM) subsana unha boa cantidade
de erros ortográficos e de coherencia terminolóxica que había. Espero que
avancemos en sucesivas versións a este respecto.
_Opinión persoal_, a KDE 4.2 supón un gran avance en estabilidade e en
melloras no espazo de traballo. Levo probando a 4.2 dende a beta1 e só podo
loala, por estable (non tiven ningún erro grave en todo este mes e algo) e
sorprenderme pola cantidade de retoques aquí e acolá. Evidentemente non é
perfecta, pero tampouco o son outros DE)) Inda teño que probar a final,
evidentemente, pero supoño que non me ha decepcionar polo que levo visto e
espero que ós demais tampouco. Este lanzamento, dirixido a un público xeral,
por primeira vez en toda a serie, xunto co cambio de licenzas fan a KDE un
proxecto moi atrativo en tódalas plataformas, e convérteo nun novo competidor
noutro tipo de dispositivos. Non sei cal é o futuro de Galinux actualmente,...
pero creo que será difícil obviar a KDE a partir de agora. Se ata Win7 lle
botou un ollo ó KDE novo hehe
[[Só un aviso a navegantes... amantes de Ubuntu: os paquetes de KDE para
Ubuntu son habitualmente os piores --period!--, por comparanza con mandriva,
opensuse e fedora (versiós as cales probei e das que falo polo que
experimentei). Todas estas distros dignáronse durante toda a 4.1.x a
introducir novidades que se estaban a subir a /trunk na serie (falo de
'backporting'), todas agás ubu. IMHO, Para probar KDE Ubuntu non é
recomendable: moitas das queixas de estabilidade relacionadas con KDE 4.1
debéronse ao problema con NVIDIA (non compredes cousas de señores que se
adican a capalas!, comprade Intel, ie.) pero tamén malas prácticas de
empaquetado de KDE de Ubuntu. Considero que as mellores distros para KDE
seguen a ser Mandriva e Opensuse. ]]
Pois iso, a desfrutar da KDE 4.2!
Miguel Branco