[G11n] Desinstitunacionalización
suso
suso.baleato en xunta.es
Ven Xul 10 18:28:58 CEST 2009
Boas,
Aplicando os consensos do g11n [1] un dos roles asignados á Administración
Pública (personalizada en Mancomún) era a tradución daqueles proxectos que
resultaban "problemáticos" ben for por que:
- o voluntariado non estaba interesado en traducilos (caso dos aplicativos
sectoriais como ERP, Business Inteligence e demais do DVD da PEME).
- non lle deixaban (caso do Mozilla)
- o proxecto quedaba sen coordenador (GNOME, Debian [2])
- outras problemáticas distintas (caso do OpenOffice [3])
Tras varios anos de traballo chegamos a un punto no que a situación dos tres
últimos proxectos (Mozilla, GNOME, OO.org) quedou normalizada. Desaparece por
tanto a razón que xustificaba a intervención da administración pública, que
cumpriu o seu papel, e compre [4] por tanto proceder á "devolución" deses
proxectos ao seu ámbito natural: o do voluntariado. A partir dese momento
será decisión do voluntariado admitir ou non e delimitar a intervención da
adm. pública e das empresas -ao revés do que viña sucedendo na práctica con
ises tres proxectos.
Tras examinar os distintos modelos de licenzamento dos proxectos vencellados,
vexo que os aspectos importantes son os seguintes:
- Recursos. Refírome aos TMX, glosarios, manuais e resto de contidos. Neste
caso non hai dificuldade: trátase de recursos publicados con licenzas
libres de modo que a súa desinstitucionalización limítase a gardar copia e
reutilizalos/modificalos/redistribuilos tanto como queiramos.
- Persoal. No meu caso e no caso do personal do CESGA, consiste en que cada
un de nós decida se quere seguir colaborando nos proxectos desvinculados da
nosa actual relación contractual, ou se deixaremos de fazelo unha vez se
extinguidos os contratos. No primeiro caso, basta con pasar a empregar unha
conta de correo distinta da corporativa actuando xa en nome propio, e no
segundo compre avisar nesta rolda para que alguén poida ocupar o posto
vacante. No meu caso xa adianto que estou no primeiro caso, polo que en
breve deixarei de falar a eses efectos como coordenador de mancomún, se ben
adianto tamén que non teño intención de monopolizar os procesos, polo que
delegarei en quen teña interese en asumilo.
- Infraestructuras. Aquí desinstitucionalizar significa externalizar nalgunha
organización que actue á marxe dos cambios de cor política dos gobernos de
turno e que sexa capaz de asumir o mantenemento dos servizos que
identifiquemos como críticos para a continuidade dos proxectos de l10n.
Creo que con estes aspectos quedan sinalados os aspectos fundamentais do
proceso de desinstitucionalización, polo menos para darlle inicio a unha
posta en común que nos sirva para concretalo.
Por último: un risco real, e que penso deberíamos evitar, é que acabe o
presente e con él os actuais convenios aos que está vencellado o personal e
as infraestructuras sobre as que funcionamos, sin que por parte da comunidade
se asumira de forma efectiva a continuidade de alomenos eses tres proxectos
de localización.
En todo caso, todo esto é unha visión personal das cousas que podería ser
percibida de outra forma por outra xente.
Queda aberto o debate.
--
[1] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n#Consensos_do_encontro
[2] Tamén Debian está neste caso, mais non asumiu Mancomún esa tradución.
[3] http://softlibre.barrapunto.com/article.pl?sid=05/11/08/1816232&mode=thread
[4] Esta situación ademais cadra cun contexto de cambio político que podería
ocasionar a desmantelación de Mancomún, tal como están a reflexar as
últimas novas, polo que a conveniencia desta devolución podería ser vista
mesmo como unha necesidade: non debería depender a galeguización do software
da cor política do goberno de turno.
[5] Confío en que para os aspectos económicos e sociais prevaleza o sentido
común de todos e todas nós, non en vano hai proxectos empresariais e postos
de traballo en xogo.
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <suso.baleato @ mancomun.org>