[Glug] Proposta de cambio de Lema do Glug

Denis Fernandez Cabrera denis en ceibes.org
Ven Xul 20 17:52:06 CEST 2007


Pois a min o "denantes mortos que fechados" gústame... precisamente 
porque é obviamente un chiste e un xeito de nos rir de nos mesmos (que 
sabemos que moitas veces tendemos a ser talibáns dabondo).

Penso que o sentido do humor é algo imprescindible, e tamén penso que ás 
veces tendemos a nos toma-los símbolos demasiado á tremenda, coma se nos 
fosen a condiciona-lo futuro. Señores, que nen nos somos tan 
significativos nen o movemento do Software Ceibe tan pequenoto pra que 
algo así poida afectalo. Ata o de agora tampouco non nos foi mal con él, 
non é?

Prácticamente tódolos proxectos de Software Ceibe teñen o humor como 
componente importante. Fixádevos no proxecto GNU, que ten unha sección 
adicada ó mesmo. Ou lede os comentarios de Linus Torvalds ó kérnel 
(surrealistas a miúdo). Ou ollade como Python toma o seu nome dos Monty 
Python, e emprega canónicamente referencias ó mesmo grupo como material 
de exemplo (SPAM! Eggs!). E etcétera.

"Donos do noso destino"... Non é por mal, Miguel, pero ese sí me soa 
algo tremendo de mais.

Pero bon, calo xa, que teño que marchar en breve. Que digan o resto a 
sua opinión, e facemos o que corresponda (na fin de semana, iso sí, que 
eu agora marcho e non volvo ata o sábado mediodía).

Denís.

Miguel wrote:
> Ola de novo,
> 
>        Aínda que poida resultar algo precipitado, quería propoñer
> cambiar o lema que temos no logo do Glug. O que temos agora "Denantes
> - mortos que - fechados" está bastante ben, pero a maioría da xente o
> lle resulta demasiado agresivo ou de coña, e ningunha das duas opcións
> e moi beneficiosa para a imaxe do grupo. A pesar de todo teño que
> decir que eu sigo querendo unha camiseta con este lema :).
> 
>      E como non podo simplemente criticar sen aportar nada, propoño
> como novo lema algo tan sinxelo como "Donos do - noso - destino",
> poida que resulte algo ñoño ou manido, pero a pesares de todo da unha
> idea do que se pode pretender en parte co software libre. Se tendes
> algún lema que se axeite mellor xa sabedes :).
> 
> Espero as vosas opinións e aportacións, Miguel
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
> 
> 

-- 
###########################
# Denís Fernández Cabrera #
#    denis en ceibes.org     #
#  gatonegro.ceibes.org   #
###########################