[Glug] Proposta de cambio de Lema do Glug
oscar casal
oscar.casal en gmail.com
Ven Xul 20 18:22:26 CEST 2007
Boas,
Eu tm me quedaría co actual, de todas millor pensar noutras cousas
agora e xa cando fagamos cambios na web, tentar migrar drupal 5 e
cousas polo estilo pois xa miraremos se darlle un troco de "look".
Pero eu de momento deixaríaa quedar tal coma está e tm empezaría a
pensar de pensar no que a xente pense ou deixa de pensar se non neste
mundo imos listos
Saúdos, Óscar
El 20/07/07, Denis Fernandez Cabrera <denis en ceibes.org> escribió:
>
> Pois a min o "denantes mortos que fechados" gústame... precisamente
> porque é obviamente un chiste e un xeito de nos rir de nos mesmos (que
> sabemos que moitas veces tendemos a ser talibáns dabondo).
>
> Penso que o sentido do humor é algo imprescindible, e tamén penso que ás
> veces tendemos a nos toma-los símbolos demasiado á tremenda, coma se nos
> fosen a condiciona-lo futuro. Señores, que nen nos somos tan
> significativos nen o movemento do Software Ceibe tan pequenoto pra que
> algo así poida afectalo. Ata o de agora tampouco non nos foi mal con él,
> non é?
>
> Prácticamente tódolos proxectos de Software Ceibe teñen o humor como
> componente importante. Fixádevos no proxecto GNU, que ten unha sección
> adicada ó mesmo. Ou lede os comentarios de Linus Torvalds ó kérnel
> (surrealistas a miúdo). Ou ollade como Python toma o seu nome dos Monty
> Python, e emprega canónicamente referencias ó mesmo grupo como material
> de exemplo (SPAM! Eggs!). E etcétera.
>
> "Donos do noso destino"... Non é por mal, Miguel, pero ese sí me soa
> algo tremendo de mais.
>
> Pero bon, calo xa, que teño que marchar en breve. Que digan o resto a
> sua opinión, e facemos o que corresponda (na fin de semana, iso sí, que
> eu agora marcho e non volvo ata o sábado mediodía).
>
> Denís.
>
> Miguel wrote:
> > Ola de novo,
> >
> > Aínda que poida resultar algo precipitado, quería propoñer
> > cambiar o lema que temos no logo do Glug. O que temos agora "Denantes
> > - mortos que - fechados" está bastante ben, pero a maioría da xente o
> > lle resulta demasiado agresivo ou de coña, e ningunha das duas opcións
> > e moi beneficiosa para a imaxe do grupo. A pesar de todo teño que
> > decir que eu sigo querendo unha camiseta con este lema :).
> >
> > E como non podo simplemente criticar sen aportar nada, propoño
> > como novo lema algo tan sinxelo como "Donos do - noso - destino",
> > poida que resulte algo ñoño ou manido, pero a pesares de todo da unha
> > idea do que se pode pretender en parte co software libre. Se tendes
> > algún lema que se axeite mellor xa sabedes :).
> >
> > Espero as vosas opinións e aportacións, Miguel
> > _______________________________________________
> > Glug mailing list
> > Glug en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
> >
> >
>
> --
> ###########################
> # Denís Fernández Cabrera #
> # denis en ceibes.org #
> # gatonegro.ceibes.org #
> ###########################
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>
--
Óscar Casal Sánchez
Dpto. Electrónica y Computación
Universidad de Santiago de Compostela
Tfno: +981563100 Ext 13568