[Glug] Proposta de cambio de Lema do Glug
Paco Di?eguez
it en aquiscelenis.com
Ven Xul 20 22:22:21 CEST 2007
Iso é verdade oscar,
mañán vou rematar coa web das xornadas, obligome, subimola esta semá
para testear, e se tal xa nos poñemos coa migración do drupal 5 e a
instalazón do WIKI, que estouven mirando e o que máis cunde é mediawiki.
Xa falaremos.
oscar casal escribió:
> Boas,
>
> Eu tm me quedaría co actual, de todas millor pensar noutras cousas
> agora e xa cando fagamos cambios na web, tentar migrar drupal 5 e
> cousas polo estilo pois xa miraremos se darlle un troco de "look".
> Pero eu de momento deixaríaa quedar tal coma está e tm empezaría a
> pensar de pensar no que a xente pense ou deixa de pensar se non neste
> mundo imos listos
>
> Saúdos, Óscar
>
> El 20/07/07, Denis Fernandez Cabrera <denis en ceibes.org> escribió:
>
>> Pois a min o "denantes mortos que fechados" gústame... precisamente
>> porque é obviamente un chiste e un xeito de nos rir de nos mesmos (que
>> sabemos que moitas veces tendemos a ser talibáns dabondo).
>>
>> Penso que o sentido do humor é algo imprescindible, e tamén penso que ás
>> veces tendemos a nos toma-los símbolos demasiado á tremenda, coma se nos
>> fosen a condiciona-lo futuro. Señores, que nen nos somos tan
>> significativos nen o movemento do Software Ceibe tan pequenoto pra que
>> algo así poida afectalo. Ata o de agora tampouco non nos foi mal con él,
>> non é?
>>
>> Prácticamente tódolos proxectos de Software Ceibe teñen o humor como
>> componente importante. Fixádevos no proxecto GNU, que ten unha sección
>> adicada ó mesmo. Ou lede os comentarios de Linus Torvalds ó kérnel
>> (surrealistas a miúdo). Ou ollade como Python toma o seu nome dos Monty
>> Python, e emprega canónicamente referencias ó mesmo grupo como material
>> de exemplo (SPAM! Eggs!). E etcétera.
>>
>> "Donos do noso destino"... Non é por mal, Miguel, pero ese sí me soa
>> algo tremendo de mais.
>>
>> Pero bon, calo xa, que teño que marchar en breve. Que digan o resto a
>> sua opinión, e facemos o que corresponda (na fin de semana, iso sí, que
>> eu agora marcho e non volvo ata o sábado mediodía).
>>
>> Denís.
>>
>> Miguel wrote:
>>
>>> Ola de novo,
>>>
>>> Aínda que poida resultar algo precipitado, quería propoñer
>>> cambiar o lema que temos no logo do Glug. O que temos agora "Denantes
>>> - mortos que - fechados" está bastante ben, pero a maioría da xente o
>>> lle resulta demasiado agresivo ou de coña, e ningunha das duas opcións
>>> e moi beneficiosa para a imaxe do grupo. A pesar de todo teño que
>>> decir que eu sigo querendo unha camiseta con este lema :).
>>>
>>> E como non podo simplemente criticar sen aportar nada, propoño
>>> como novo lema algo tan sinxelo como "Donos do - noso - destino",
>>> poida que resulte algo ñoño ou manido, pero a pesares de todo da unha
>>> idea do que se pode pretender en parte co software libre. Se tendes
>>> algún lema que se axeite mellor xa sabedes :).
>>>
>>> Espero as vosas opinións e aportacións, Miguel
>>> _______________________________________________
>>> Glug mailing list
>>> Glug en mancomun.org
>>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>>>
>>>
>>>
>> --
>> ###########################
>> # Denís Fernández Cabrera #
>> # denis en ceibes.org #
>> # gatonegro.ceibes.org #
>> ###########################
>> _______________________________________________
>> Glug mailing list
>> Glug en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>>
>>
>
>
>
--
Paco Dieguez
Usuario Linux #409880
Chave GPG: 011A1C7D en keyserver.pgp.com
www.mabishu.com
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : it.vcf
Tipo : text/x-vcard
Tamaño : 239 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/glug/attachments/20070720/edea490f/attachment.vcf