[Glug] Argumentos para convencer á xente no FestiGal

Denis Fernandez Cabrera denis en ceibes.org
Dom Xul 22 13:03:07 CEST 2007


Boa lista, Fran. Sempre é útil recabar munición antes do asalto. :o)

Anque os motivos de empregar Windows eu engadiríalle as seguintes 
correccións:

 > 1. Hai software propietario sen o qual não podes vivir (aínda que a
 > maioría podes emulalos co Wine <http://www.winehq.org/>)

Vale... Ás veces. Por exemplo, Office non se acaba de emular ben co Wine 
(mellor co CrossOver). E o problema non é o propio Office, senón os 
programas que dependan dunha base de dados de Access ou de invocar 
follas de Excel (dos que tivemos algún exemplo na aula de BioTecnoloxía).

 > 2. Eres un fanático dos xogos (aínda que a maioría podes emulalos co
 > CrossOver) <http://www.codeweavers.com/products/cxoffice/>

Pra emular xogos, mellor o Cedega/WineX de Transgaming. Anque realmente 
se consigue emula-lo xogo que queres emular terás sorte, porque en 
moitos casos peta. Xa petan os xogos en Windows, que é o seu entorno 
nativo...

...Outra posibilidade para os xogadores é facerlles ver que tamén hai 
xogos no GNU/Linux. Quizabeis non do nivel dos que se fan pra Windows 
(con notables excepcións, coma os motores que libera ID Software, ou os 
portes de Neverwinter Nights), pero sí divertidos dabondo para os que 
non son xogadores compulsivos que queren estar á última moda, senón que 
soio queren mata-lo tempo un anaco. Por exemplo, a min gústanme:

- Wormux.
- Scorched Island 3D.
- ADOM / NetHack / ToME e semellantes (pero isto é porque son un retro).
-

 > 3. Traballas na industria de la imprenta. (Co cal empregarías Apple)

De feito, cada vez mais xente na industria da imprenta emprega Windows, 
o que é unha desgracia. Pero aínda así --- dependendo de en qué parte da 
impresión traballes, e qué traballo fagas, e cánto estés disposto a 
loitar polo teu Sistema Operativo, podes empregar GNU/Linux. Eu fago 
deseño gráfico e maquetación con Software Ceibe, por exemplo.

 > 4. Tu hardware no está soportado. (Hoje en día non é escusa)

Esta sí é gorda, porque ás veces sinxelamente non hai xeito. No meu 
portátil (iBook G4) a tarxeta inarámica non acaba de ir ben. O Bluetooth 
non funciona, e tampouco o micro. Son cousas que pasan, pero que é de 
agardar que co tempo se arranxen tanto a pequena escala --- alguén 
conseguirá facer funcionar estes trebelliños --- coma no marco grande 
das cousas --- a medida que gañemos masa crítica, gañaremos soporte técnico.

Dito o anterior, que penso que é importante dicir ben alto pra que a 
xente saiba ben en qué se mete, e non se leve decepcións, os argumentos 
a favor son poderosos e bos, e eu sigo a pensar que a maioría da xente 
podería empregar GNU/Linux perfectamente.

Denís.

-- 
###########################
# Denís Fernández Cabrera #
#    denis en ceibes.org     #
#  gatonegro.ceibes.org   #
###########################