[Glug] Proposta de cambio de Lema do Glug
xose santiago
makaay_depor en yahoo.com
Mar Xul 24 03:55:46 CEST 2007
Boas,
A min pareceme ben o lema do GLUG. Non sei porque
haberia que cambialo, de feito pareceme caralludo pois
deixa entrever de onde somos. O lema "donos do noso
destino" pareceme algo digno dunha traxedia grega ou
dos deuses.
Sorte no Festigal.
O outro dia fun a reunion do NYLUG en Google. Menuda
cousa, Google daba comida e cervexa gratis, aparte de
aportar o local e eramos preto de 100 persoas. Habia
xente de todo tipo, dende frikies a vellos de 50 anos
que deberon de traballar co abaco. Unha cousa digna de
vela.
In a world without Gates, there is no need for
Window$$.
http://www.vivafraga.blogspot.com
http://www.freebsd.org
http://www.debian.org
http://www.glug.es
--- oscar casal <oscar.casal en gmail.com> wrote:
> Boas,
>
> Eu tm me quedaría co actual, de todas millor
> pensar noutras cousas
> agora e xa cando fagamos cambios na web, tentar
> migrar drupal 5 e
> cousas polo estilo pois xa miraremos se darlle un
> troco de "look".
> Pero eu de momento deixaríaa quedar tal coma está e
> tm empezaría a
> pensar de pensar no que a xente pense ou deixa de
> pensar se non neste
> mundo imos listos
>
> Saúdos, Óscar
>
> El 20/07/07, Denis Fernandez Cabrera
> <denis en ceibes.org> escribió:
> >
> > Pois a min o "denantes mortos que fechados"
> gústame... precisamente
> > porque é obviamente un chiste e un xeito de nos
> rir de nos mesmos (que
> > sabemos que moitas veces tendemos a ser talibáns
> dabondo).
> >
> > Penso que o sentido do humor é algo
> imprescindible, e tamén penso que ás
> > veces tendemos a nos toma-los símbolos demasiado á
> tremenda, coma se nos
> > fosen a condiciona-lo futuro. Señores, que nen nos
> somos tan
> > significativos nen o movemento do Software Ceibe
> tan pequenoto pra que
> > algo así poida afectalo. Ata o de agora tampouco
> non nos foi mal con él,
> > non é?
> >
> > Prácticamente tódolos proxectos de Software Ceibe
> teñen o humor como
> > componente importante. Fixádevos no proxecto GNU,
> que ten unha sección
> > adicada ó mesmo. Ou lede os comentarios de Linus
> Torvalds ó kérnel
> > (surrealistas a miúdo). Ou ollade como Python toma
> o seu nome dos Monty
> > Python, e emprega canónicamente referencias ó
> mesmo grupo como material
> > de exemplo (SPAM! Eggs!). E etcétera.
> >
> > "Donos do noso destino"... Non é por mal, Miguel,
> pero ese sí me soa
> > algo tremendo de mais.
> >
> > Pero bon, calo xa, que teño que marchar en breve.
> Que digan o resto a
> > sua opinión, e facemos o que corresponda (na fin
> de semana, iso sí, que
> > eu agora marcho e non volvo ata o sábado
> mediodía).
> >
> > Denís.
> >
> > Miguel wrote:
> > > Ola de novo,
> > >
> > > Aínda que poida resultar algo
> precipitado, quería propoñer
> > > cambiar o lema que temos no logo do Glug. O que
> temos agora "Denantes
> > > - mortos que - fechados" está bastante ben, pero
> a maioría da xente o
> > > lle resulta demasiado agresivo ou de coña, e
> ningunha das duas opcións
> > > e moi beneficiosa para a imaxe do grupo. A pesar
> de todo teño que
> > > decir que eu sigo querendo unha camiseta con
> este lema :).
> > >
> > > E como non podo simplemente criticar sen
> aportar nada, propoño
> > > como novo lema algo tan sinxelo como "Donos do -
> noso - destino",
> > > poida que resulte algo ñoño ou manido, pero a
> pesares de todo da unha
> > > idea do que se pode pretender en parte co
> software libre. Se tendes
> > > algún lema que se axeite mellor xa sabedes :).
> > >
> > > Espero as vosas opinións e aportacións, Miguel
> > > _______________________________________________
> > > Glug mailing list
> > > Glug en mancomun.org
> > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
> > >
> > >
> >
> > --
> > ###########################
> > # Denís Fernández Cabrera #
> > # denis en ceibes.org #
> > # gatonegro.ceibes.org #
> > ###########################
> > _______________________________________________
> > Glug mailing list
> > Glug en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
> >
>
>
> --
> Óscar Casal Sánchez
> Dpto. Electrónica y Computación
> Universidad de Santiago de Compostela
>
> Tfno: +981563100 Ext 13568
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>