[Glug] Migrando a Ubuntu
Isaac González
osaklugo en gmail.com
Lun Ago 18 13:05:02 CEST 2008
Ola todos!
Ainda que son lurker da lista dende hai moito tempo ésta é a miña primeira
mensaxe seria. Dende hai xa varios anos que quero migrar a linux, pero
problemas de dirvers sempre adiaron a cuestión, desta volta Vista e Ubuntu
fixeron ben o seu traballo, un por espantarme e outro por recibirme sen
excesivos problemas hardware. Logo de varios meses de convivencia dos dous
sistemas operativos agora quero migrar todos os meus datos ao Ubuntu e
atópome con problemas que non dou solucionado.
O máis grave é o do boot loader, por cuestións que non veñen ao caso teño
dous ubuntus no mesmo disco (e tamén o vista), agora gustaríame borrar un
deses ubuntus pero sei que formateando a partición non vai (probei con fatal
resultado). Algunha idea?
Eu estiven mirando como reinstalar o boot loader para así borrar a macheta a
partición do ubuntu que non quero e refacer o grub; pero todo o que atopo é
como reinstalalo se windows o sobreescribe.
Teño tamén problema coas particions, xa que o ubuntu que non quero borrar
esta "de secundario" (é dicir o sistema carga por defecto o outro ubuntu) e
é formatear algunha das particions de datos (en ext3) e foder o boot loader;
tamén pasa que o sistema non me garda as modificacións de permisos que fago
e algunha cousiña máis... Pero todas elas poden esperar a que resolva a
primeira.
Un saudo e gracias polo voso tempo!
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/glug/attachments/20080818/410499e2/attachment.htm