[Glug] Migrando a Ubuntu

Denís Fernández Cabrera denis en ceibes.org
Lun Ago 18 13:39:04 CEST 2008


Ola Sak! Cánto tempo!

Pois olla... polo que contas, semella que tes instalado o cargador de
arrinque (o GRUB) na partición que contén o Ubuntu que queres borrar.
Isto, inevitablemente, significa que ó borralo te cepillas tamén a
instalación do cargador.

Penso que a solución mais doada ha ser que arranques o Ubuntu que
queres conservar, e dende o Synaptic (a ferramenta de instalación de
pacotes que atopas en Sistema, non a de "Engadir e eliminar paquetes"
que nas últimas versións de Ubuntu aparece no menú de aplicacións) lle
pidas que che reinstale o GRUB (talvez sexa boa idea eliminalo
completamente e instalalo de cero dempois).

Iso debería de sobreescribi-la instalación actual do GRUB na MBR, e
deixalo apuntando cara o Ubuntu que tí queres, pero que me corrixa
alguén se me trabuco.

Denís.


2008/8/18 Isaac González <osaklugo en gmail.com>:
> Ola todos!
>
> Ainda que son lurker da lista dende hai moito tempo ésta é a miña primeira
> mensaxe seria. Dende hai xa varios anos que quero migrar a linux, pero
> problemas de dirvers sempre adiaron a cuestión, desta volta Vista e Ubuntu
> fixeron ben o seu traballo, un por espantarme e outro por recibirme sen
> excesivos problemas hardware. Logo de varios meses de convivencia dos dous
> sistemas operativos agora quero migrar todos os meus datos ao Ubuntu e
> atópome con problemas que non dou solucionado.
>
> O máis grave é o do boot loader, por cuestións que non veñen ao caso teño
> dous ubuntus no mesmo disco (e tamén o vista), agora gustaríame borrar un
> deses ubuntus pero sei que formateando a partición non vai (probei con fatal
> resultado). Algunha idea?
>
> Eu estiven mirando como reinstalar o boot loader para así borrar a macheta a
> partición do ubuntu que non quero e refacer o grub; pero todo o que atopo é
> como reinstalalo se windows o sobreescribe.
>
> Teño tamén problema coas particions, xa que o ubuntu que non quero borrar
> esta "de secundario" (é dicir o sistema carga por defecto o outro ubuntu) e
> é formatear algunha das particions de datos (en ext3) e foder o boot loader;
> tamén pasa que o sistema non me garda as modificacións de permisos que fago
> e algunha cousiña máis... Pero todas elas poden esperar a que resolva a
> primeira.
>
> Un saudo e gracias polo voso tempo!
>
>
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>
>



-- 
Denís Fernández Cabrera
mailto://denis@ceibes.org
http://gatonegro.ceibes.org