[Glug] Migrando a Ubuntu

oscar casal oscar.casal en gmail.com
Lun Ago 18 13:47:40 CEST 2008


   Arrinca o que queres manter e logo:

   grub-install /dev/hda ou /dev/sda ou o disco que sexa (tes que ser root
ou con sudo)

2008/8/18 Denís Fernández Cabrera <denis en ceibes.org>

> Ola Sak! Cánto tempo!
>
> Pois olla... polo que contas, semella que tes instalado o cargador de
> arrinque (o GRUB) na partición que contén o Ubuntu que queres borrar.
> Isto, inevitablemente, significa que ó borralo te cepillas tamén a
> instalación do cargador.
>
> Penso que a solución mais doada ha ser que arranques o Ubuntu que
> queres conservar, e dende o Synaptic (a ferramenta de instalación de
> pacotes que atopas en Sistema, non a de "Engadir e eliminar paquetes"
> que nas últimas versións de Ubuntu aparece no menú de aplicacións) lle
> pidas que che reinstale o GRUB (talvez sexa boa idea eliminalo
> completamente e instalalo de cero dempois).
>
> Iso debería de sobreescribi-la instalación actual do GRUB na MBR, e
> deixalo apuntando cara o Ubuntu que tí queres, pero que me corrixa
> alguén se me trabuco.
>
> Denís.
>
>
> 2008/8/18 Isaac González <osaklugo en gmail.com>:
> > Ola todos!
> >
> > Ainda que son lurker da lista dende hai moito tempo ésta é a miña
> primeira
> > mensaxe seria. Dende hai xa varios anos que quero migrar a linux, pero
> > problemas de dirvers sempre adiaron a cuestión, desta volta Vista e
> Ubuntu
> > fixeron ben o seu traballo, un por espantarme e outro por recibirme sen
> > excesivos problemas hardware. Logo de varios meses de convivencia dos
> dous
> > sistemas operativos agora quero migrar todos os meus datos ao Ubuntu e
> > atópome con problemas que non dou solucionado.
> >
> > O máis grave é o do boot loader, por cuestións que non veñen ao caso teño
> > dous ubuntus no mesmo disco (e tamén o vista), agora gustaríame borrar un
> > deses ubuntus pero sei que formateando a partición non vai (probei con
> fatal
> > resultado). Algunha idea?
> >
> > Eu estiven mirando como reinstalar o boot loader para así borrar a
> macheta a
> > partición do ubuntu que non quero e refacer o grub; pero todo o que atopo
> é
> > como reinstalalo se windows o sobreescribe.
> >
> > Teño tamén problema coas particions, xa que o ubuntu que non quero borrar
> > esta "de secundario" (é dicir o sistema carga por defecto o outro ubuntu)
> e
> > é formatear algunha das particions de datos (en ext3) e foder o boot
> loader;
> > tamén pasa que o sistema non me garda as modificacións de permisos que
> fago
> > e algunha cousiña máis... Pero todas elas poden esperar a que resolva a
> > primeira.
> >
> > Un saudo e gracias polo voso tempo!
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Glug mailing list
> > Glug en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
> >
> >
>
>
>
> --
> Denís Fernández Cabrera
> mailto://denis@ceibes.org
> http://gatonegro.ceibes.org
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>



-- 
******************************************************
Óscar Casal Sánchez
Dpto. Electrónica y Computación
Universidad de Santiago de Compostela, Campus Sur s/n.
15782 Santiago de Compostela, España
Tfno: +34 981563100 Ext 13568
******************************************************
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/glug/attachments/20080818/7e654ff5/attachment.htm