[Glug] Migrando a Ubuntu
Martín Vázquez Cabanas
eu en martinvazquez.net
Lun Ago 18 16:46:22 CEST 2008
Antes de facer o grub-install recoméndoche facer un update-grub para que che
actualize o menu.list, se non vaiseche queixar ao instalalo grub no mbr, ou
non che van aparecer os SO na lista do grub.
Saudos
2008/8/18 oscar casal <oscar.casal en gmail.com>
> Arrinca o que queres manter e logo:
>
> grub-install /dev/hda ou /dev/sda ou o disco que sexa (tes que ser root
> ou con sudo)
>
> 2008/8/18 DenÃs Fernández Cabrera <denis en ceibes.org>
>
> Ola Sak! Cánto tempo!
>>
>> Pois olla... polo que contas, semella que tes instalado o cargador de
>> arrinque (o GRUB) na partición que contén o Ubuntu que queres borrar.
>> Isto, inevitablemente, significa que ó borralo te cepillas tamén a
>> instalación do cargador.
>>
>> Penso que a solución mais doada ha ser que arranques o Ubuntu que
>> queres conservar, e dende o Synaptic (a ferramenta de instalación de
>> pacotes que atopas en Sistema, non a de "Engadir e eliminar paquetes"
>> que nas últimas versións de Ubuntu aparece no menú de aplicacións) lle
>> pidas que che reinstale o GRUB (talvez sexa boa idea eliminalo
>> completamente e instalalo de cero dempois).
>>
>> Iso deberÃa de sobreescribi-la instalación actual do GRUB na MBR, e
>> deixalo apuntando cara o Ubuntu que tà queres, pero que me corrixa
>> alguén se me trabuco.
>>
>> DenÃs.
>>
>>
>> 2008/8/18 Isaac González <osaklugo en gmail.com>:
>> > Ola todos!
>> >
>> > Ainda que son lurker da lista dende hai moito tempo ésta é a miña
>> primeira
>> > mensaxe seria. Dende hai xa varios anos que quero migrar a linux, pero
>> > problemas de dirvers sempre adiaron a cuestión, desta volta Vista e
>> Ubuntu
>> > fixeron ben o seu traballo, un por espantarme e outro por recibirme sen
>> > excesivos problemas hardware. Logo de varios meses de convivencia dos
>> dous
>> > sistemas operativos agora quero migrar todos os meus datos ao Ubuntu e
>> > atópome con problemas que non dou solucionado.
>> >
>> > O máis grave é o do boot loader, por cuestións que non veñen ao caso
>> teño
>> > dous ubuntus no mesmo disco (e tamén o vista), agora gustarÃame borrar
>> un
>> > deses ubuntus pero sei que formateando a partición non vai (probei con
>> fatal
>> > resultado). Algunha idea?
>> >
>> > Eu estiven mirando como reinstalar o boot loader para asà borrar a
>> macheta a
>> > partición do ubuntu que non quero e refacer o grub; pero todo o que
>> atopo é
>> > como reinstalalo se windows o sobreescribe.
>> >
>> > Teño tamén problema coas particions, xa que o ubuntu que non quero
>> borrar
>> > esta "de secundario" (é dicir o sistema carga por defecto o outro
>> ubuntu) e
>> > é formatear algunha das particions de datos (en ext3) e foder o boot
>> loader;
>> > tamén pasa que o sistema non me garda as modificacións de permisos que
>> fago
>> > e algunha cousiña máis... Pero todas elas poden esperar a que resolva a
>> > primeira.
>> >
>> > Un saudo e gracias polo voso tempo!
>> >
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Glug mailing list
>> > Glug en mancomun.org
>> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>> >
>> >
>>
>>
>>
>> --
>> DenÃs Fernández Cabrera
>> mailto://denis@ceibes.org
>> http://gatonegro.ceibes.org
>> _______________________________________________
>> Glug mailing list
>> Glug en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>>
>
>
>
> --
> ******************************************************
> Óscar Casal Sánchez
> Dpto. Electrónica y Computación
> Universidad de Santiago de Compostela, Campus Sur s/n.
> 15782 Santiago de Compostela, España
> Tfno: +34 981563100 Ext 13568
> ******************************************************
>
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/glug/attachments/20080818/c75ae661/attachment-0001.htm