[Glug] Migrando a Ubuntu
Isaac González
osaklugo en gmail.com
Mar Ago 19 17:45:58 CEST 2008
Moitísimas gracias rapaces! Xa vai e xa podo seguir co proceso de migración
de datos. Estou mirando o tema dos UID que non o coñecia. Duas cuestións
rápidas:
- Vou montar no /home unha partición como é costume. Mais eu sempre teño
unha partición de datos (cando estaba en windows outro disco d: ou o que
for) e agora non sei ben onde montala, pensei en /home/datos
- Estiven facendo copias de datos de discos NTFS a EXT3 e viceversa, na
pasta /home/sak e mudoume varios permisos de carpetas a 777, eu múdoos
denovo e á seguinte vez que fago login xa están coma antes, fíxeno mesmo
coma root por se acaso e nada, fican igual. Tedes idea de por que pode ser?
Graciñas denovo!
2008/8/18 Martín Vázquez Cabanas <eu en martinvazquez.net>
> Antes de facer o grub-install recoméndoche facer un update-grub para que
> che actualize o menu.list, se non vaiseche queixar ao instalalo grub no mbr,
> ou non che van aparecer os SO na lista do grub.
>
> Saudos
>
> 2008/8/18 oscar casal <oscar.casal en gmail.com>
>
> Arrinca o que queres manter e logo:
>>
>> grub-install /dev/hda ou /dev/sda ou o disco que sexa (tes que ser root
>> ou con sudo)
>>
>> 2008/8/18 Denís Fernández Cabrera <denis en ceibes.org>
>>
>> Ola Sak! Cánto tempo!
>>>
>>> Pois olla... polo que contas, semella que tes instalado o cargador de
>>> arrinque (o GRUB) na partición que contén o Ubuntu que queres borrar.
>>> Isto, inevitablemente, significa que ó borralo te cepillas tamén a
>>> instalación do cargador.
>>>
>>> Penso que a solución mais doada ha ser que arranques o Ubuntu que
>>> queres conservar, e dende o Synaptic (a ferramenta de instalación de
>>> pacotes que atopas en Sistema, non a de "Engadir e eliminar paquetes"
>>> que nas últimas versións de Ubuntu aparece no menú de aplicacións) lle
>>> pidas que che reinstale o GRUB (talvez sexa boa idea eliminalo
>>> completamente e instalalo de cero dempois).
>>>
>>> Iso debería de sobreescribi-la instalación actual do GRUB na MBR, e
>>> deixalo apuntando cara o Ubuntu que tí queres, pero que me corrixa
>>> alguén se me trabuco.
>>>
>>> Denís.
>>>
>>>
>>> 2008/8/18 Isaac González <osaklugo en gmail.com>:
>>> > Ola todos!
>>> >
>>> > Ainda que son lurker da lista dende hai moito tempo ésta é a miña
>>> primeira
>>> > mensaxe seria. Dende hai xa varios anos que quero migrar a linux, pero
>>> > problemas de dirvers sempre adiaron a cuestión, desta volta Vista e
>>> Ubuntu
>>> > fixeron ben o seu traballo, un por espantarme e outro por recibirme sen
>>> > excesivos problemas hardware. Logo de varios meses de convivencia dos
>>> dous
>>> > sistemas operativos agora quero migrar todos os meus datos ao Ubuntu e
>>> > atópome con problemas que non dou solucionado.
>>> >
>>> > O máis grave é o do boot loader, por cuestións que non veñen ao caso
>>> teño
>>> > dous ubuntus no mesmo disco (e tamén o vista), agora gustaríame borrar
>>> un
>>> > deses ubuntus pero sei que formateando a partición non vai (probei con
>>> fatal
>>> > resultado). Algunha idea?
>>> >
>>> > Eu estiven mirando como reinstalar o boot loader para así borrar a
>>> macheta a
>>> > partición do ubuntu que non quero e refacer o grub; pero todo o que
>>> atopo é
>>> > como reinstalalo se windows o sobreescribe.
>>> >
>>> > Teño tamén problema coas particions, xa que o ubuntu que non quero
>>> borrar
>>> > esta "de secundario" (é dicir o sistema carga por defecto o outro
>>> ubuntu) e
>>> > é formatear algunha das particions de datos (en ext3) e foder o boot
>>> loader;
>>> > tamén pasa que o sistema non me garda as modificacións de permisos que
>>> fago
>>> > e algunha cousiña máis... Pero todas elas poden esperar a que resolva a
>>> > primeira.
>>> >
>>> > Un saudo e gracias polo voso tempo!
>>> >
>>> >
>>> > _______________________________________________
>>> > Glug mailing list
>>> > Glug en mancomun.org
>>> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>>> >
>>> >
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> Denís Fernández Cabrera
>>> mailto://denis@ceibes.org
>>> http://gatonegro.ceibes.org
>>> _______________________________________________
>>> Glug mailing list
>>> Glug en mancomun.org
>>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>>>
>>
>>
>>
>> --
>> ******************************************************
>> Óscar Casal Sánchez
>> Dpto. Electrónica y Computación
>> Universidad de Santiago de Compostela, Campus Sur s/n.
>> 15782 Santiago de Compostela, España
>> Tfno: +34 981563100 Ext 13568
>> ******************************************************
>>
>> _______________________________________________
>> Glug mailing list
>> Glug en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/glug/attachments/20080819/5359e917/attachment.htm