[Glug] Representantes do Glug na conferencia de Málaga?

Miguel miguelfm en gmail.com
Mer Ago 20 14:05:17 CEST 2008


Alguén está interesado a representar o Glug na seguinte Open Source
World Conference en Málaga. En principio o Glug podería pagar os
billetes e dietas que correspondan facendo uso da subención de
Mancomun.

Miguel.


---------- Forwarded message ----------
From: Irene Touriño <itourinho en cesga.es>
Date: 2008/8/20
Subject: [Guls] Detalles delegación galega na OSWC'08
To: Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia <guls en mancomun.org>


Boas a todos,

Creo que non fun moi clara explicando a idea de participar
coordinadamente na OSWC'08. Pido desculpas e tentarei agora facelo mellor:

Mancomún, como coordinador da delegación galega na OSWC'08, instalará un
*stand* no evento que pretende ser o punto de referencia de Galiza no
mesmo. Este espazo ten como intención dar cabida a todas as iniciativas
vencelladas ao Software Libreen Galiza: representadas basicamente nas
figuras dos GULs e AGASOl (como asociación das empresas galegas)

* Agasol xa confirmou a súa participación coa achega de material
promocional e a inclusión da súa imaxe corporativa no stand.

O propósito é que o stand sirva para dar difusión ao *material* que
queirades amosar (sempre de xeito organizado e estudado, evitando volver
caer en anécdotas pasadas), que vos permita desenvolver as *actividades*
que queirades, que sirva como *punto de encontro/descanso*, que facilite
a interacción cos restantes congresistas para quedar, reunirse, deixar
recados, intercambiar material, contar cun *respaldo para resolver
situacións de emerxencia*...

Ademais a coordinación da delegación conxunta debe ser entendida como
unha boa oportunidade para *estarmos todos xuntos e compartir as nosas
experiencias*. Para facilitar isto non habería ningún problema en que
dende Mancomún fixésemo unha *xestión unificada da viaxe e do
aloxamento* (faríamos as reservas para a viaxe e o aloxamento, sempre
consensuadamente convosco). Iso si, os custes das estancia correrían a
cargo do convenio. A manutención seguiría correndo a cargo vosa, salvo
un día no que Mancomún celebrará unha *cea de confraternidade* á que
estarán invitados todos os participantes na delegación galega.

No que se refire ao material promocional, Mancomún ofrécese a *facerse
cargo da impresión dun cartel e/ou trípticos* representativos vosos nos
que aparezan os vosos logos.

Todo isto, por suposto, iríamolo facendo coordinadamente e marcando
sempre uns prazos necesarios. A este respecto, como o tempo se nos bota
enriba deberiamos comezar XA a concretar xa moitas cousas. Que tal se
comezamos por establecer que Grupos de Usuarios teñen interese en
participar dun xeito ou doutro no evento (ben sexa achegando a súa imaxe
corporativa, ben sexa con material promocional, acudindo ao evento,
desenvolvendo actividades...)?

Imos traballando sobre a marcha, a ver se desta vez me expliquei ben
(espero que si :-S)

Saúdos a todos, Irene


--
Irene Touriño Eirín
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre       www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113            <itourinho @ cesga.es>

_______________________________________________
Guls mailing list
Guls en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls