[Glug] Representantes do Glug na conferencia de Málaga?

Fran Dieguez listas en mabishu.com
Mer Ago 20 14:17:09 CEST 2008


Boas Miguel,

estamos a falares na rolda que temos para a Oficina de Soft Ceibe da 
USC, en se ir. Aínda falta que llo propoñamos directamente ou respondan 
na mesma rolda os responsables/"xefes", e poidamos aceptar.

Certamente comezamos en setembro, polo que non sei se estaremos moi 
atarefados e se poderemos asistir, pero a idea queda ahí.

Saúdos

Miguel escribiu:
> Alguén está interesado a representar o Glug na seguinte Open Source
> World Conference en Málaga. En principio o Glug podería pagar os
> billetes e dietas que correspondan facendo uso da subención de
> Mancomun.
>
> Miguel.
>
>
> ---------- Forwarded message ----------
> From: Irene Touriño <itourinho en cesga.es>
> Date: 2008/8/20
> Subject: [Guls] Detalles delegación galega na OSWC'08
> To: Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia <guls en mancomun.org>
>
>
> Boas a todos,
>
> Creo que non fun moi clara explicando a idea de participar
> coordinadamente na OSWC'08. Pido desculpas e tentarei agora facelo mellor:
>
> Mancomún, como coordinador da delegación galega na OSWC'08, instalará un
> *stand* no evento que pretende ser o punto de referencia de Galiza no
> mesmo. Este espazo ten como intención dar cabida a todas as iniciativas
> vencelladas ao Software Libreen Galiza: representadas basicamente nas
> figuras dos GULs e AGASOl (como asociación das empresas galegas)
>
> * Agasol xa confirmou a súa participación coa achega de material
> promocional e a inclusión da súa imaxe corporativa no stand.
>
> O propósito é que o stand sirva para dar difusión ao *material* que
> queirades amosar (sempre de xeito organizado e estudado, evitando volver
> caer en anécdotas pasadas), que vos permita desenvolver as *actividades*
> que queirades, que sirva como *punto de encontro/descanso*, que facilite
> a interacción cos restantes congresistas para quedar, reunirse, deixar
> recados, intercambiar material, contar cun *respaldo para resolver
> situacións de emerxencia*...
>
> Ademais a coordinación da delegación conxunta debe ser entendida como
> unha boa oportunidade para *estarmos todos xuntos e compartir as nosas
> experiencias*. Para facilitar isto non habería ningún problema en que
> dende Mancomún fixésemo unha *xestión unificada da viaxe e do
> aloxamento* (faríamos as reservas para a viaxe e o aloxamento, sempre
> consensuadamente convosco). Iso si, os custes das estancia correrían a
> cargo do convenio. A manutención seguiría correndo a cargo vosa, salvo
> un día no que Mancomún celebrará unha *cea de confraternidade* á que
> estarán invitados todos os participantes na delegación galega.
>
> No que se refire ao material promocional, Mancomún ofrécese a *facerse
> cargo da impresión dun cartel e/ou trípticos* representativos vosos nos
> que aparezan os vosos logos.
>
> Todo isto, por suposto, iríamolo facendo coordinadamente e marcando
> sempre uns prazos necesarios. A este respecto, como o tempo se nos bota
> enriba deberiamos comezar XA a concretar xa moitas cousas. Que tal se
> comezamos por establecer que Grupos de Usuarios teñen interese en
> participar dun xeito ou doutro no evento (ben sexa achegando a súa imaxe
> corporativa, ben sexa con material promocional, acudindo ao evento,
> desenvolvendo actividades...)?
>
> Imos traballando sobre a marcha, a ver se desta vez me expliquei ben
> (espero que si :-S)
>
> Saúdos a todos, Irene
>
>
> --
> Irene Touriño Eirín
> Centro de Referencia e Servizos de Software Libre       www.mancomun.org
> Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ES)
> Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113            <itourinho @ cesga.es>
>
> _______________________________________________
> Guls mailing list
> Guls en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>   

-- 
Paco Dieguez
Linux User #409880
Chave GPG: A2A4F9B8 en keyserver.rediris.com
www.mabishu.com