[Glug] A nova rede da USC non vai soportar GNU/Linux?
Denís Fernández Cabrera
denis en ceibes.org
Ven Mar 14 01:10:47 CET 2008
Ola rapaces,
Veño de ver algo que me preocupa:
http://www.usc.es/gl/servizos/atic/rede/senfios/migracion.html
A verdade é que lle botei soamentes unha ollada por riba, pero polo
que vexo non hai instruccións de cómo o facer funcionar en GNU/Linux,
e pra Windows mesmo fai falla descargar un programa de terceiros, así
que pinta mal. Alguen que saiba mais de redes ca min pode comprobar se
esta nova configuración de rede está soportada?
Non pensades que isto é bastante preocupante? Habería que lles da-lo
toque? Talvez comentarlo ca xente de Aulusc? Talvez se esa Oficina de
Software Libre se forma pronto debería de tomar cartas no asunto?
Denís.
--
Denís Fernández Cabrera
mailto://denis@ceibes.org
http://gatonegro.ceibes.org