[Glug] Traduczón do Drupal 5.2.

Fran Dieguez (Mabishu St.) fran.dieguez en mabishu.com
Sab Mar 29 12:02:52 CET 2008


Home o tema de montar o pootle non estaría mal, así sería unha especie 
de traducción paralela á de mancomun. Así poderíamos abranguer máis 
proxectos, e poñelos en producción moito máis rápido.

Non sei que pensan os socios do glug pero non estaría mal montalo no 
servidor do GLUG que se aloxa no cesga, e ver como funciona o tema.

Por certo que por fin esta noite rematei a traduzó de Firefox 3. Agora a 
testeala en canto me pase esta semana os pofiles.

Saudiños


Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/3/29 Xabier Seixo <xabier.seixo en gmail.com>:
>   
>> "Entrans rula contra unha base de datos ou contra un SVN ou
>>  como demo é??"
>>
>> Contra unha base de datos.
>> Fai tempo que non o utilizo, máis polo que escoitei pola xente de Mancomun,
>> o proxecto está parado.
>>     
>
> Sí, xa lembro. Falarase diso na charla da XGN.
>
>   
>> Nuns días(non sei cantos) tentarei ter un  un Pootle  en producción:
>>   http://translate.sourceforge.net/wiki/pootle/index
>> Cando a teña, aviso, por se queredes utilizala.
>>     
>
> Non estaría mal ver ata que punto avanzou ese proxecto para podelo ir
> comparando con outros.
>
>   
>> Entendo que tal vez sexa ferramenta máis eficiente que poidamos ter no mundo
>> do software libre para apliacións de tradución en rede.
>>  Estaría ben que en Mancomun tamén a puxesen a funcionar, xunto con algunha
>> apliación de servidores de tradución:
>> http://www.tumatxa.com/es/
>> Esta apliación xa non é tan sinxelo poñela a funcionar, necesita Zope.
>>     
>
> O de Tumatxa viría sendo unha especie de servidor que xestiona
> memorias de tradución, non? Xusto o que lle faltaría a un proxecto de
> tradución para que fora medianamente serio.
>
> É incrible cantas ferramentas para tradución por web hai: Rosetta,
> Entrans, Pootle, Kartouche (http://www.dotmon.com/kartouche/), e creo
> que ainda hai algunha máis.
>
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>