[Glug] Publicidade das Xornadas "XCARFOS"

oscar casal oscar.casal en gmail.com
Mer Maio 21 20:25:26 CEST 2008


   Por favor dádelle toda a publicidade que poidades as seguintes Xornadas,
e tamén todo o que queira vir será benvido :-)

   http://xcarfos.aulusc.org.es

   Podedes copiar a nova pra darlle publicidade tal e como aparece enbaixo
ou das webs: http://www.glug.es/node/2463 ou
http://www.usc.es/asociacions/aulusc/?q=es/node/91.

   Moitas grazas por adiantado.

Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por
AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de
Galicia<http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?id=27>na última
edición daXuventude Galiza Net
(XGN08<http://wiki.mancomun.org/index.php/Xgn_2008>),
decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das
plataformas libres neste eido: XCARFOS 08 <http://xcarfos.aulusc.org.es/>

Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de
Galicia AULUSC <http://www.usc.es/asociacions/aulusc/?q=es> e
GLUG<http://www.glug.es/>,
tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con
especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a
solución de open hardware Arduino.

As xornadas están orientadas á construcción de robots baseados no Arduino e
á explicación de como aproveitala potencia dos microcontroladores co uso do
PC e de software de control robótico aberto.

Datas de *PREINSCRIPCIÓN*: do 21 ó 27 de maio deste mes

Data de *INSCRIPCIÓN*: do 28 ó 29 de maio

Data de *CELEBRACIÓN*: 17 e 18 de xullo

Máis info en http://xcarfos.aulusc.org.es

-- 
******************************************************
Óscar Casal Sánchez
Dpto. Electrónica y Computación
Universidad de Santiago de Compostela, Campus Sur s/n.
15782 Santiago de Compostela, España
Tfno: +34 981563100 Ext 13568
******************************************************



-- 
******************************************************
Óscar Casal Sánchez
Dpto. Electrónica y Computación
Universidad de Santiago de Compostela, Campus Sur s/n.
15782 Santiago de Compostela, España
Tfno: +34 981563100 Ext 13568
******************************************************
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/glug/attachments/20080521/2ad05891/attachment.htm