[Glug] Publicidade das Xornadas "XCARFOS"

Nacho Vidal Franco nacho.vfranco en gmail.com
Mer Maio 21 23:37:55 CEST 2008


Hmm... Soa moi interesante!

¿Son xornadas abertas a todo aquel que queira participar? A min
interesaríame moito. É un mundo que sempre me chamou a atención.
¿O único requisito é ter habilidades coma programador? O meu primer e
único contacto coa robótica foi cun RCX de lego e o BrickOS (curiosamente
foi tamén o meu primer contacto co software libre), e paseino coma un anano.

Nacho Vidal Franco

El día 21 de mayo de 2008 20:25, oscar casal <oscar.casal en gmail.com>
escribió:

>
>    Por favor dádelle toda a publicidade que poidades as seguintes Xornadas,
> e tamén todo o que queira vir será benvido :-)
>
>    http://xcarfos.aulusc.org.es
>
>    Podedes copiar a nova pra darlle publicidade tal e como aparece enbaixo
> ou das webs: http://www.glug.es/node/2463 ou
> http://www.usc.es/asociacions/aulusc/?q=es/node/91.
>
>    Moitas grazas por adiantado.
>
> Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado
> por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de
> Galicia <http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?id=27> na última
> edición da Xuventude Galiza Net (XGN08<http://wiki.mancomun.org/index.php/Xgn_2008>),
> decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das
> plataformas libres neste eido: XCARFOS 08 <http://xcarfos.aulusc.org.es/>
>
> Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de
> Galicia AULUSC <http://www.usc.es/asociacions/aulusc/?q=es> e GLUG<http://www.glug.es/>,
> tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con
> especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a
> solución de open hardware Arduino.
>
> As xornadas están orientadas á construcción de robots baseados no Arduino e
> á explicación de como aproveitala potencia dos microcontroladores co uso do
> PC e de software de control robótico aberto.
>
> Datas de *PREINSCRIPCIÓN*: do 21 ó 27 de maio deste mes
>
> Data de *INSCRIPCIÓN*: do 28 ó 29 de maio
>
> Data de *CELEBRACIÓN*: 17 e 18 de xullo
>
> Máis info en http://xcarfos.aulusc.org.es
>
> --
> ******************************************************
> Óscar Casal Sánchez
> Dpto. Electrónica y Computación
> Universidad de Santiago de Compostela, Campus Sur s/n.
> 15782 Santiago de Compostela, España
> Tfno: +34 981563100 Ext 13568
> ******************************************************
>
>
>
> --
> ******************************************************
> Óscar Casal Sánchez
> Dpto. Electrónica y Computación
> Universidad de Santiago de Compostela, Campus Sur s/n.
> 15782 Santiago de Compostela, España
> Tfno: +34 981563100 Ext 13568
> ******************************************************
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/glug/attachments/20080521/56686d65/attachment.htm