[Glug] [OffTopic] Cultura Quente

Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com
Sab Maio 24 00:20:32 CEST 2008


2008/5/23 Miguel <miguelfm en gmail.com>:
>
> Ahh, olvidábame. Que vaia quen lle saia dos ....,  e quen queira pasalo ben.
> Tampouco hai que montar tanto drama por tampouca cousa. Eu por desgracia
> posiblemente non este en Galicia por esas datas, pero se tivera oportunidade
> seguro que me daba un rule :).
>
> Sobre a Web, a parte do tema dos idiomas, que xa sabes que a min tamén me
> gustaría que estivera en galego, polo que vin  está bastante ben currada
> aínda que a frase "Bienvenido a la web del Festival Cultura Quente de Caldas
> de Reis, evento cultural enmarcado en Galicia.", a segunda parte soname
> bastante rara e algo acartonada, parece correcta, pero non moi axeitada.
>
> Saúdos, Miguel.
>
>
> 2008/5/23 Miguel <miguelfm en gmail.com>:
>>
>> Non coñezo demasiado a Leandro, pero supoño que estará de coña. A xente
>> que me coñece sabe que sempre que teño oportunidade defendo o galego.
>> Principalmente por unha cuestión cultural e de respeto os nosos antergos,
>> pero sobre todo porque creo que é algo noso e se non o facemos nos ninguén
>> mais o vai facer. Pero de ahí a non ir a unha festa por que a versión
>> inicial da Web non estaba en galego, non me colle na cabeza que poida
>> existir tal persoa. Poida que exista algunha razón moi sesuda, pero a
>> verdade é que agora mesmo non se me ocorre :(.

Foi un pouco por tocar as pelotas e outro pouco porque fastidia que
algo enmarcado en galicia non estea en galego por ningures...

Ata logo,
                       Leandro Regueiro