[Glug] Novos proxectos do Glug

Fran Dieguez listas en mabishu.com
Lun Maio 26 14:17:31 CEST 2008


Eu podo votar unha man ahí

Saudañas

Leandro Regueiro escribiu:
> Se de propor se trata, propoño que organicedes un obradoiro de
> tradución de SL, para buscar novos tradutores.
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
>
> 2008/5/25 Miguel <miguelfm en gmail.com>:
>   
>> Como pronto recibiremos as axudas da Consellería de Industria estaría ben
>> que se propuxesen e discutisen posibles proxectos que poidamos levar a cabo
>> nos seguintes meses. E para romper o xeo ahí vai o meu. A idea principal
>> deste proxecto sería axudar os compradores de novos ordenadores a solicitar
>> que non lle carguen o sistema operativo privativo de turno. Poderíamos facer
>> unha web explicando como debe proceder, cales son os pasos previos, proceso
>> legal e técnico, ventaxas e inconvintes, casos de éxito, formularios legais
>> para descargar, etc. Ademais se dispoñemos dos fondos necesarios, quizais
>> xuntando forzas con outros grupos, tamén poderíamos ofrecerlle a xente
>> soporte legal en caso de xuizo, e axuda técnica para a instalación dun
>> sistema opertivo libre na mesma. Se o facemos realmente ben a web podería
>> publicarse en galego, español e inglés para que toda esa documentación
>> axudara a persoas de calquera parte do mundo interesada a informarse
>> tamandonos como referencia. ¿Que vos parece?
>>
>> Saúdos, Miguel.
>>
>> _______________________________________________
>> Glug mailing list
>> Glug en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>>
>>
>>     
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>