[Glug] Novos proxectos do Glug

Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com
Mar Maio 27 13:37:20 CEST 2008


2008/5/27 Miguel <miguelfm en gmail.com>:
> De todolos xeitos antes de organizar algunha actividade deste xeito, e
> tendo en conta que disporemos de medios, habería que ver como se pode
> atraer a xente a participar nas traduccións dos programas. Porque se
> non facemos algunha campaña suficientemente planificada e ben feita
> acabarán indo os catro de sempre, e dende logo, non será útil nin de
> lonxe para atraer a novas xeracións de traductores.

Mirade, eu para que pase o mesmo que pasou na XGN08 paso de ir xa, a
non ser para falar cos outros tradutores que haxa na xuntanza. Se se
fai, haberá que avisar a toda a xente que se poida, sendo en Santiago
supoño que avisos por toda a universidade e outros sitios que
consideredes nos que sexa conveniente avisar, a ver se así polo menos
se xunta a unha ducia de persoas...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro