[Glug] Fwd: [AGNIX_socios] GALINUX
oscar casal
oscar.casal en gmail.com
Lun Out 6 09:43:51 CEST 2008
Reenvíovos un escrito que se está a preparar dende agnix, do que falamos
o venres nunha reunión
---------- Mensaje reenviado ----------
De: Manuel Hermo Verísimo <mhermo en gmail.com>
Fecha: 6 de octubre de 2008 9:34
Asunto: [AGNIX_socios] GALINUX
Para: Lista de Socios de AGNIX <agnix_socios en breogan.agnix.org>
Ola!
Como sabedes a Dirección Xeral anuncio hai uns dias o desenvolvemento dende
o goberno galego do GALINUX. Xorden varios asuntos que é preciso comentar.
Máis ala da idoneidade do propio nome, existe outro problema bastante máis
importante ao meu parecer, (e ao de outros colegas, de AGNIX e doutros
grupos) a marca: GALINUX.
A marca GALINUX, está rexistrada a nome dun particular, en concreto Suso
Baleato, dende hai máis dun ano. Como sabedes Suso, é o responsable de SwL
na Dirección Xeral da Consellería de Industria, e afirma que "cederá" os
dereitos.
Coido que o asunto é bastante máis problemático e ten máis salsa, alem da
propia cuestión ética que xa non vou a entrar a avaliar.
Que o goberno galego aununcie o desenvolvemento dunha distro GNU-Linux cunha
marca rexistrada que non lle pertence, supón, entre outras cousas, que o
pobo galego vai ter unha distro de seu, e esa distro vai a estar pendente da
vontade dun só particular. Feito que se me fai dificil de enternder e
asimilar.
Un particular que hoxe forma parte, do xeito que sexa, da propia estructura
do goberno galego, e que hoxe está a prol do Software libre. Máis non
sabemos, cales poden ser os seus intereses ou vontades no futuro. A
cidadania galega o seu goberno non pode, de ningún xeito aceptar esta
situación como normal.
Para ir máis ala, non se coñecen os terminos desa "cesión" de dereitos, mais
sexan cales foran, a cesión non é o procedemento axeitado, xa que o
propietario da marca seguiria sendo o propietario e os seus dereitos sobre
ela pedurarian no tempo.
De querer seguir a empregar a marca GALINUX, debería procederse a
TRANSIMISIÓN TOTAL, dos dereitos da marca, de xeito que esta figure a nome
da Xunta de Galicia, como xeito firme de perpetuar a marca e os nosos
dereitos.
Asi que, algúns membros de outros grupos de usuari en s o noso Roberto,
preocupados pola situación estamos a desenvolver un escrito, que vos xunto
máis abaixo, pedindo explicacións con relación a todo este asunto.
Voso turno de palabra ... :)
"*Estimado Suso,
Tras saber do interese da DX de Prom. Ind. e Soc. da Información, segundo o
as verbas da propia Directora Xeral, de publicar unha versión de GNU/Linux
nomeada GALINUX e, independemente das opinións persoais ao referidas á súa
idoneidade, soubemos dalgo que nos inqueda de xeito preocupante.
Acontece que a denominación e logotipo de marca correspondentes a GALINUX
ten os seguintes datos (sinálanse só algúns deles):
Denominación: GALINUX
Logotipo de la marca: (ofrécese imaxe dun arao e mailo texto GALINUX
embaixo)
Datos del Titular
País: ES
Nombre: Benitez Baleato, Xesus Manuel
Dirección: Vilar 13
Ciudad: Berreo, Trazo
País de Residencia: ES
Descripción de la Marca:
ARAO COMUN (URIA ALGAE) CON HUEVO
Indicación de Color o Colores:
AZUL HEX: 00B2EB.
A nosa inquedanza fundaméntase en que unha iniciativa do goberno actual,
nomeadamente da DX, da que se beneficiará a cidadanía galega ten que, por
razóns obvias, posuir titularidade oficial pública.
Polo que vemos nos datos darriba esa titularidade é túa en exclusividade.
Gustaríanos coñecer os detalles deste tema xa que unha "cesión" resulta a
todas luces insuficiente para obter tal titularidade pública. Noutras
palabras, ao noso entender e ao de profesionais consultados, é necesaria
unha TRANSMISIÓN TOTAL da titularidade para que adquira o caracter de
público ao 100%
Pódenos ampliar detalles sobre isto? Grazas.
Quedamos á espera da túa pronta resposta, saúdos,"*
--
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx
Instale OpenOffice.org dende
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/,
é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona tan ben coma outros paquetes
de oficina e está en continuo desenvolvemento.
Lea vostede http://www.gnu.org/philosophy/no-word-attachments.es.html
AGNIX, software libre. http://www.agnix.org
_______________________________________________
agnix_socios mailing list
agnix_socios en breogan.agnix.org
http://breogan.agnix.org/cgi-bin/mailman/listinfo/agnix_socios
--
******************************************************
Óscar Casal Sánchez
Dpto. Electrónica y Computación
Universidad de Santiago de Compostela, Campus Sur s/n.
15782 Santiago de Compostela, España
Tfno: +34 981563100 Ext 13568
******************************************************
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/glug/attachments/20081006/dc6bc874/attachment.htm