[Glug] Proposta de candidatura
Denís Fernández Cabrera
denis en ceibes.org
Mar Out 14 10:07:55 CEST 2008
Saúde, socios.
Como se achegan as eleccións e ninguén fixo aínda unha proposta de
candidatura, véxome obrigado --- moi ó meu pesar --- a toma-las rendas
do GLUG e propoñerme como Ditador Benevolente (ou non) Vitalicio
(BDFL). Como primeira decisión do meu gabinete, declaro o estado de
excepción e anulo as eleccións ata mellores tempos. Seguidamente,
pasaremos todos a formatea-las nosas equipas e instalar Emacs sobre
GNU/Hurd (en modo liña de comandos, por suposto)...
Ahem. Perdón, que me emociono. Xa se sabe cómo son estas cousas do poder. :o)
Pois iso, que propoño a seguinte candidatura para as eleccións:
Presidente: Denís F. Cabrera
Vicepresidente: Martín Vázquez
Secretario: Fran Diéguez
Tesoureiro: Oscar Casal
Vocal 1º: Miguel F. Morales
Vocal 2º: Xabier Seixo
Vocal 3º: Iago F. Outeiro
A idea é básicamente renovar un pouco a actual directiva do GLUG
dándolle cancha á xente nova que nos últimos anos se foi achegando, e
ó mesmo tempo recolle-la experiencia que en calidade de vellas glorias
;o) nos poden proporcionar Miguel, Óscar e Xabier.
Como bo BDFL, delegarei e mandarei moito e canto poida, entre outras
cousas porque vai ser preciso, que o meu tempo está moi escaso, coma o
de todos. Pero estou seguro de que esta candidatura reune a xente
capaz que pechará filas ó redor do seu caudillo. :o)
Apertas a todos,
Denís.
P.D.: Calquera outra candidatura alternativa que non me involucre a
min será benvida. Estou disposto a pagar en favores.
P.P.D.: O tema de instalármonos GNU/Hurd e empregar exclusivamente
EMACS coma SO será debatido na próxima asemblea xeral se saio elexido.
Así que vos veredes. :o)
--
Denís Fernández Cabrera
mailto://denis@ceibes.org
http://gatonegro.ceibes.org