[Glug] Proposta de candidatura

xose santiago makaay_depor en yahoo.com
Mar Out 14 17:29:52 CEST 2008


Deixate de eleccions e fai un golpe de estado que mola mais. :-). Non vexo problemas na candidatura.

In a world without Gates, there is no need for Window$$.

http://www.xavignu.com
http://www.freebsd.org
http://www.debian.org
http://www.glug.es


--- On Tue, 10/14/08, Denís Fernández Cabrera <denis en ceibes.org> wrote:

> From: Denís Fernández Cabrera <denis en ceibes.org>
> Subject: [Glug] Proposta de candidatura
> To: "Lista Glug" <glug en mancomun.org>
> Date: Tuesday, October 14, 2008, 5:07 AM
> Saúde, socios.
> 
> Como se achegan as eleccións e ninguén fixo aínda unha
> proposta de
> candidatura, véxome obrigado --- moi ó meu pesar --- a
> toma-las rendas
> do GLUG e propoñerme como Ditador Benevolente (ou non)
> Vitalicio
> (BDFL). Como primeira decisión do meu gabinete, declaro o
> estado de
> excepción e anulo as eleccións ata mellores tempos.
> Seguidamente,
> pasaremos todos a formatea-las nosas equipas e instalar
> Emacs sobre
> GNU/Hurd (en modo liña de comandos, por suposto)...
> 
> Ahem. Perdón, que me emociono. Xa se sabe cómo son estas
> cousas do poder. :o)
> 
> Pois iso, que propoño a seguinte candidatura para as
> eleccións:
> 
> Presidente: Denís F. Cabrera
> Vicepresidente: Martín Vázquez
> Secretario: Fran Diéguez
> Tesoureiro: Oscar Casal
> Vocal 1º: Miguel F. Morales
> Vocal 2º: Xabier Seixo
> Vocal 3º: Iago F. Outeiro
> 
> A idea é básicamente renovar un pouco a actual directiva
> do GLUG
> dándolle cancha á xente nova que nos últimos anos se foi
> achegando, e
> ó mesmo tempo recolle-la experiencia que en calidade de
> vellas glorias
> ;o) nos poden proporcionar Miguel, Óscar e Xabier.
> 
> Como bo BDFL, delegarei e mandarei moito e canto poida,
> entre outras
> cousas porque vai ser preciso, que o meu tempo está moi
> escaso, coma o
> de todos. Pero estou seguro de que esta candidatura reune a
> xente
> capaz que pechará filas ó redor do seu caudillo. :o)
> 
> Apertas a todos,
> Denís.
> 
> P.D.: Calquera outra candidatura alternativa que non me
> involucre a
> min será benvida. Estou disposto a pagar en favores.
> 
> P.P.D.: O tema de instalármonos GNU/Hurd e empregar
> exclusivamente
> EMACS coma SO será debatido na próxima asemblea xeral se
> saio elexido.
> Así que vos veredes. :o)
> 
> -- 
> Denís Fernández Cabrera
> mailto://denis@ceibes.org
> http://gatonegro.ceibes.org
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug