[Glug] Hora e lugar da votación para a renovación da xunta directiva
Miguel
miguelfm en gmail.com
Mer Out 29 13:41:43 CET 2008
Estimad en s soci en s,
Este venres 31 celebrarase unha asamblea xeral do Glug na
que os dous puntos do día serán a votación para "elexir" unha nova
xunta directiva do Glug e rogos e preguntas. Poño entre comiñas o de
elexir, xa que o presentarse so unha candidatura os socios que desexen
votar so terán a oportunidade de pronunciarse a favor, ou en contra.
Así que máis que elexir, será un acto de demostración de respaldo ou
oposición a xunta directiva presentada.
Tendo en conta a baixa convocatoria que estas actividades teñen na
nosa asociación propoño levala a cabo no local chamado «As dúas» entre
a Praza do Irmán Gómez e Rúa das Casas Reais en Santiago de
Compostela. En canto a hora do mesma, a primeira convocatoria será as
20:00 e a segunda e úlitma as 20:30.
Saúdos, Miguel.
PS:
Deixovos un mapa que fixo Denís para facilitarvos a localización do sitio.
http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8&hl=en&msa=0&msid=101545428680098781142.00045a3a2524a7a1dabcd&ll=42.878134,-8.547063&spn=0.021699,0.036435&t=h&z=15