[Glug] Hora e lugar da votación para a renovación da xunta directiva

Martín Vázquez Cabanas eu en martinvazquez.net
Xov Out 30 12:31:20 CET 2008


Malo sexa que tardemos mais de 2 horas, sobre todo cando non se propuxo
outra candidatura...
A todo ísto, a orde do día cal é?
Outra cousa, imos ir comer seguro ao pizza-polo?

Saudos

2008/10/30 Dietrichv <dietrichv en ceibes.org>

> Ola:
>        como ja lhe comentei a Denis, justo esse dia há festa de Samaim nas
> Duas. Falei com elas e nom há problema, a festa começa às 22:30 assi que
> podemos fazer a assembleia alí, o que nos obligará a faze-la rapidinho e nom
> nos enredar em tonterias e logo ir ao pizza-polo
>
> 2008/10/29 Miguel <miguelfm en gmail.com>
>
> Estimad en s soci en s,
>>
>>          Este venres 31 celebrarase unha asamblea xeral do Glug na
>> que os dous puntos do día serán a votación para "elexir" unha nova
>> xunta directiva do Glug e rogos e preguntas. Poño entre comiñas o de
>> elexir, xa que o presentarse so unha candidatura os socios que desexen
>> votar so terán a oportunidade de pronunciarse a favor, ou en contra.
>> Así que máis que elexir, será un acto de demostración de respaldo ou
>> oposición a xunta directiva presentada.
>>
>> Tendo en conta a baixa convocatoria que estas actividades teñen na
>> nosa asociación propoño levala a cabo no local chamado «As dúas» entre
>> a Praza do Irmán Gómez e Rúa das Casas Reais en Santiago de
>> Compostela. En canto a hora do mesma, a primeira convocatoria será as
>> 20:00 e a segunda e úlitma as 20:30.
>>
>>
>> Saúdos, Miguel.
>>
>>
>> PS:
>> Deixovos un mapa que fixo Denís para facilitarvos a localización do sitio.
>>
>> http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8&hl=en&msa=0&msid=101545428680098781142.00045a3a2524a7a1dabcd&ll=42.878134,-8.547063&spn=0.021699,0.036435&t=h&z=15
>> _______________________________________________
>> Glug mailing list
>> Glug en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>>
>
>
> _______________________________________________
> Glug mailing list
> Glug en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/glug
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/glug/attachments/20081030/0f228549/attachment.htm