[Glug] Convocatoria eleccións GLUG en Outubro
Miguel
miguelfm en gmail.com
Lun Set 29 23:27:14 CEST 2008
Hola Xente,
Acabo de anunciar na nosa web as próximas eleccións que teremos no
Glug no prazo aproximado de un mes, que xa iba facendo falla :).
Deixovos por aquí unha copia:
--- ---
«O próximo venres 31 de outubro terán lugar en Santiago as eleccións
para a próxima xunta directiva do GLUG. O proceso terá lugar como
segue. A partir deste anuncio haberá un período de aproximadamente
dúas semanas, ata o 14 de outubro, para a presentación de
candidaturas; e dúas semanas máis para unha posible campaña electoral.
Onde terá lugar e a que hora exactamente queda por determinar, pero
as/os socios serán notifacados cos suficientes días para que poidan
exercer os seus dereitos. Anímase tamén a quen queira debatir calquera
asunto relacionado con estas eleccións a usar a rolda xeral do Glug,
da que se pode informar ou mesmo suscribir no seguinte enderezo,
glug.es/roldas.»
--- ---
Espero que algúns dos socios activos do Glug se animen e presenten
unha candidatura que lle de algo máis de vidilla o Glug da que lle
temos dado últimamente a directiva actual. No caso de que non ninguén
se anime teredes que volver a sufrinos, a maioría dos que xa estamos,
outra "lexislatura" :p.
Saúdos, Miguel.