<br>Como pronto recibiremos as axudas da Consellería de Industria estaría ben que se propuxesen e discutisen posibles proxectos que poidamos levar a cabo nos seguintes meses. E para romper o xeo ahí vai o meu. A idea principal deste proxecto sería axudar os compradores de novos ordenadores a solicitar que non lle carguen o sistema operativo privativo de turno. Poderíamos facer unha web explicando como debe proceder, cales son os pasos previos, proceso legal e técnico, ventaxas e inconvintes, casos de éxito, formularios legais para descargar, etc. Ademais se dispoñemos dos fondos necesarios, quizais xuntando forzas con outros grupos, tamén poderíamos ofrecerlle a xente soporte legal en caso de xuizo, e axuda técnica para a instalación dun sistema opertivo libre na mesma. Se o facemos realmente ben a web podería publicarse en galego, español e inglés para que toda esa documentación axudara a persoas de calquera parte do mundo interesada a informarse tamandonos como referencia. ¿Que vos parece?<br clear="all">
<br>Saúdos, Miguel.<br>