[Guls] Valoracións Málaga
suso.baleato en xunta.es
suso.baleato en xunta.es
Mer Out 22 22:31:55 CEST 2008
Boas,
Aínda dende Málaga, e coa maior parte da xente en ruta de volta pra Galiza,
facer pola miña parte unha valoración moi positiva da participación galega no
evento.
Deixando aparte as problemáticas próprias da súa dimensión (asistiron máis
de 9000 personas) a delegación galega foi con diferenza a máis numerosa das
que se visibilizaron no evento, ademais de ser a máis heteroxénea e variada,
con representación dos principais axentes da comunidade do software libre
galega.
Tal como se me transmite dende a organización, a percepción do esforzo galego
en materia de software libre é moi positivo e o noso modelo, que busca crear
sinerxías entre todos os axentes involucrados, desperta a curiosidade e o
interese doutras administracións públicas, de empresas e de personas e grupos
ás que lle chama moito a atención o feito de que sexamos capaces de traballar
conxuntamente.
As carencias que detectei foron referidas básicamente ao discurso, que tende
perigosamente a percorrer camiños trillados e nutrirse de lugares comúns;
porén aínda que á xente que estamos dentro nos poida rinchar tanta
repetición o certo é que resulta útil e positivo para a implantación do
software libre que a cidadanía, empresariado e administracións públicas do
exterior perciban de forma uniforme esas mensaxe en positivo.
Coma sempre, é a xente de fora a que ten que vir a darnos os parabéns pra que
nos deamos conta de que, alomenos algunhas cousas, facémolas ben: e mesmo que
hai outras que facemos mellor ca ninguén. Hai dende logo cousas nas que
fallamos: e quitarnos os complexos denriba é unha das principais, visto como
dende outras culturas se presentan proxectos que teñen máis de marketing que
de aportación real. Ou se cadra os que fallan son iles: por emular o modelo
de negocio de Microsoft.
Sexa como sexa, considerei conveniente lanzar un fío de valoracións... que
alomenos sirva de excusa pra que comezen a chegar as fotos e vídeos... a ver
ise "control de qualidade" qué pasa con il... ;)
Para mostra, xunto uns botóns en bruto. Aínda que o bó está por chegar...
podedes estar seguros/as! :)
Saúdos,
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <suso.baleato @ mancomun.org>
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : dsc00347.jpg
Tipo : image/jpeg
Tamaño : 2081381 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/guls/attachments/20081022/f6ab4bc0/attachment-0001.jpg