[Guls] Equipo local de Ubuntu en galego (Galician LoCo Team)
Felipe Gil Castiñeira
xil en uvigo.es
Ven Ago 28 14:06:48 CEST 2009
Boas,
Os tradutores de Ubuntu levamos un tempo preparando a creación dun equipo
local de Ubuntu (ou LoCo team [1, 2]). Non sei coñecedes os LoCo's, pero
son equipos de Ubuntu para dar soporte, proporcionar infraestrutura,
organizar eventos, etc. [3]
Xa temos os recursos para a infraestrutura básica (páxina web, foro,
wiki...), pero falta o máis importante, os membros. Aquí é onde entrades
tódolos GULS, OSLs, organizacións e asociacións.
Co LoCo non pretendemos crear un novo GUL, senón que a idea é que o LoCo
sirva como apoio para aquelas actividades que utilicen a distribución Ubuntu
(cursiños, festivas de instalación...) que organicedes os GULS, OSLs ou
calquera outro grupo, entidade ou asociación. Este apoio podería consistir
simplemente en conseguir material como CDs, libros ou folletos.
Con este correo gustaríame saber se estades interesados en formar parte do
"Galician LoCo Team", e se queredes propoñer alguén como membro do
"Consello" (o grupo de coordinación, vamos).
Agardo as vosas respostas.
Unha aperta!
Felipe.
[1] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam
[2] http://www.ubuntuengalego.org
[3] https://wiki.ubuntu.com/LoCoTeamHowto
[4] http://ubuntuforums.org/forumdisplay.php?f=356
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/guls/attachments/20090828/bd186649/attachment.htm