[Ofertas_emprego_software_libre] Bolsas de colaboración co Software Libre na Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña

mancomun mancomun en www.mancomun.org
Xov Abr 19 13:10:23 CEST 2007


Xa saíu a convocatoria de dúas bolsas de colaboración na UDC
<http://www.udc.es/documentos/actualidade/arquivo2023.pdf> [pdf] para
*apoio e colaboración en tarefas de promoción e difusión do Software
Libre*.

O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de dúas bolsas para
colaborar na Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña (OSL)
nas tarefas de promoción e difusión do Software Libre aos membros da
comunidade universitaria da Universidade da Coruña.

Poderán solicitar esta axuda os estudiantes de 1º e 2º ciclo da
Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Valorarase que
posúan coñecementos e experiencia probada no uso, programación e
desenvolvemento de aplicacións en Software Libre. Así mesmo, terase en
conta a súa participación en proxectos colaborativos relacionados co
Software Libre.

Para ver o prego de condicións destas bolsas preme na seguinte ligazón:
Prego de condicións [pdf]
<http://www.udc.es/documentos/actualidade/arquivo2023.pdf>

-- 
Mancomun.org Iniciativa Galega polo Software Libre
www.mancomun.org
Telf: 981 56 98 10 Ext:247
Fax: 981 59 46 16
Centro de Supercomputación de Galicia
Avda. de Vigo s/n (Campus Sur)
15705 Santiago de Compostela

------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/ofertas_emprego_software_libre/attachments/20070419/5487ee91/attachment.htm