From mancomun en mancomun.org Fri Dec 28 14:07:03 2007 From: mancomun en mancomun.org (mancomun) Date: Fri, 28 Dec 2007 14:07:03 +0100 Subject: [Ofertas_emprego_software_libre] =?iso-8859-15?q?Oferta_de_empreg?= =?iso-8859-15?q?o_para_a_Fundaci=F3n_Cultural_da_Estrada?= Message-ID: <4774F4F7.60100@mancomun.org> Dende a Fundación Cultural da Estrada nos informan da convocatoria de emprego para a contratación de *dous Técnicos/as de Formación en novas tecnoloxías*, mediante o proxecto 'aestradadixital', por obra e servizo, para o proxecto 'aestradadixital'; Formación. As funcións a desempeñar dende o posto de traballo serán as seguintes: * Impartición do plan de alfabetización dixital 2007-2008 no entorno rural e urbán. O horario da impartición será maioritariamente de tarde. * Configuración de equipos e redes das aulas onde se impartirá a formación. * Calquera outra acción na liña das anteriores que sexan precisas para a boa marcha da actuación. O proceso de selección efectuarase mediante concurso de méritos e entrevista persoal ó/á candidato/a, consultar as bases da convocatoria (enviadas pola Fundación Cultural da Estrada) para ver os detalles. Para participar no proceso é preciso enviar currículo á seguinte dirección de correo electrónico: administracion.fundacion en aestrada.com antes do 4 de xaneiro.