[Ofertas_emprego_software_libre] Oferta de emprego para a Fundación Cultural da Estrada

mancomun mancomun en mancomun.org
Ven Dec 28 14:07:03 CET 2007


Dende a Fundación Cultural da Estrada nos informan da convocatoria de
emprego para a contratación de *dous Técnicos/as de Formación en novas
tecnoloxías*, mediante o proxecto 'aestradadixital', por obra e servizo,
para o proxecto 'aestradadixital'; Formación.

As funcións a desempeñar dende o posto de traballo serán as seguintes:

     * Impartición do plan de alfabetización dixital 2007-2008
 
<http://www.mancomun.org/images/Novas/plan_alfabetizaci%F3n_dixital_0708.pdf>
       no entorno rural e urbán. O horario da impartición será
       maioritariamente de tarde.
     * Configuración de equipos e redes das aulas onde se impartirá a
       formación.
     * Calquera outra acción na liña das anteriores que sexan precisas
       para a boa marcha da actuación.

O proceso de selección efectuarase mediante concurso de méritos e
entrevista persoal ó/á candidato/a, consultar as bases da convocatoria
<http://www.mancomun.org/images/Novas/bases%20tecnicos%20formacion.pdf>
(enviadas pola Fundación Cultural da Estrada) para ver os detalles.

Para participar no proceso é preciso enviar currículo á seguinte
dirección de correo electrónico: administracion.fundacion en aestrada.com
antes do 4 de xaneiro.