From mancomun en mancomun.org Thu Jan 11 12:53:32 2007 From: mancomun en mancomun.org (Mancomun.org) Date: Thu, 11 Jan 2007 12:53:32 +0100 Subject: [Ofertas_emprego_software_libre] =?iso-8859-1?q?Oferta_de_emprego?= =?iso-8859-1?q?_para_enxe=F1eiros_inform=E1ticos_de_Igalia?= Message-ID: <45A6253C.5090206@mancomun.org> Igalia, empresa da Coruña centrada en solucións de Software Libre, fixo pública unha oferta de emprego para tres titulados en Enxeñería Informática sen necesidade de experiencia previa para os seus equipos de tecnoloxía web, administración de sistemas e Gnome. É imprescindible: * Titulación universitaria * Coñecementos ou interese elevado por GNU/Linux e o Software Libre * Interese elevado por cuestións tecnolóxicas * Nivel medio de inglés É desexable algún tipo de experiencia, non necesariamente profesional, en proxectos de Software Libre, na administración de sistemas GNU/Linux ou no desenvolvemento de software sobre LAMP ou Gnome. Valoraranse os coñecementos dos candidatos en Linux. Apache, MySQL, Php, typo3 CMS, Gnome, Debian, Ubuntu, C, C++, CORBA... A contratación sería indefinida cun salario entre 12.000 e 18.000 euros ao ano. Máis info: http://www.igalia.com http://www.tecnoempleo.com/oferta-empleo/ingeniero-software-libre/bdabpd9ddj31dkac81a9 http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,759/Itemid,2/ From brenlla en gmail.com Fri Jan 19 11:23:01 2007 From: brenlla en gmail.com (Roberto Brenlla) Date: Fri, 19 Jan 2007 11:23:01 +0100 Subject: [Ofertas_emprego_software_libre] =?iso-8859-1?q?C=2ET=2EI_TEGNIX_?= =?iso-8859-1?q?busca_enxe=F1eiros=28as=29_superiores?= Message-ID: C.T.I. TEGNIX, S.L. é unha consultora especializada en Software Libre que posúe un marcado caracter social por estar conformada por integrantes multidisciplinares de ampla experiencia profesional e colaborativa nos distintos proxectos nos que participan. C.T.I. TEGNIX precisa -Titulados(as) en enxeñaría superior ou equivalente, preferentemente en Informática ou Telecomunicacións -Con experiencia en contornos libres de GNU/Linux, mínimo a nivel uso avanzado -Galego falado e escrito, inglés a nivel medio Necesitamos persoas con capacidade de traballo, de asumir responsabilidades, implicadas co Sw Libre e co proxecto da empresa. Condicións económicas a convir. Aceptamos candidaturas serias, sen desbotar obter participacións da empresa. Contacto: tegnix ARROBA tegnix.com -- Roberto Brenlla www.tegnix.com From mancomun en mancomun.org Tue Jan 23 10:13:36 2007 From: mancomun en mancomun.org (mancomun) Date: Tue, 23 Jan 2007 10:13:36 +0100 Subject: [Ofertas_emprego_software_libre] Convocatoria de 8 postos de traballo para o PEGSI Message-ID: <45B5D1C0.8020104@mancomun.org> CONVOCATORIA SELECTIVA PARA CUBRIR POLO SISTEMA DE CONCURSO E MEDIANTE CONTRATO DE DURACIÓN DETERMINADA, MODALIDADE: OBRA E SERVIZO; OITO (8) POSTOS DE TRABALLO Os postos de traballo son requiridos para o desenvolvemento das actuacións do PROGRAMA: ?FOMENTO DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DO COÑECEMENTO: SEGUIMENTO E OBSERVACIÓN DO PLANO ESTRATÉXICO GALEGO DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007-2010? O prazo de presentación será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente convocatoria en prensa (El Correo Gallego: 20-01-2007) Máis información no taboleiro de anuncios na dirección: http://www.fundacioncalidade.org mancomun.org From mancomun en www.mancomun.org Mon Jan 29 11:34:36 2007 From: mancomun en www.mancomun.org (mancomun) Date: Mon, 29 Jan 2007 11:34:36 +0100 Subject: [Ofertas_emprego_software_libre] Oferta de emprego en Mancomun.org Message-ID: <45BDCDBC.40504@www.mancomun.org> Mancomun.org fai pública unha convocatoria de emprego para cubrir dúas prazas de coordinador de soporte técnico proxectos Software Libre e técnico experto en Software Libre . O prazo para presentar candidaturas remata ás 14 horas do 8 de febreiro. Os Curriculum Vitae deben ser enviados ao enderezo emprego en cesga.es . Oferta de coordinador: http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/Itemid,0/catid,105/id,60/lang,en/ Oferta de técnico: http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/Itemid,0/catid,105/id,61/lang,en/ -- Mancomun.org Iniciativa Galega polo Software Libre www.mancomun.org mancomun en mancomun.org Telf: 981 56 98 10 Ext:247 Fax: 981 59 46 16 Centro de Supercomputación de Galicia Avda. de Vigo s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela ------------ próxima parte ------------ Borrouse un adxunto en formato HTML... URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/ofertas_emprego_software_libre/attachments/20070129/665cc2f0/attachment.htm