[Ofertas_emprego_software_libre] Oferta de emprego para enxeñeiros informáticos de Igalia
Mancomun.org
mancomun en mancomun.org
Xov Xan 11 12:53:32 CET 2007
Igalia, empresa da Coruña centrada en solucións de Software Libre, fixo
pública unha oferta de emprego para tres titulados en Enxeñería
Informática sen necesidade de experiencia previa para os seus equipos de
tecnoloxía web, administración de sistemas e Gnome.
É imprescindible:
* Titulación universitaria
* Coñecementos ou interese elevado por GNU/Linux e o Software Libre
* Interese elevado por cuestións tecnolóxicas
* Nivel medio de inglés
É desexable algún tipo de experiencia, non necesariamente profesional,
en proxectos de Software Libre, na administración de sistemas GNU/Linux
ou no desenvolvemento de software sobre LAMP ou Gnome. Valoraranse os
coñecementos dos candidatos en Linux. Apache, MySQL, Php, typo3 CMS,
Gnome, Debian, Ubuntu, C, C++, CORBA... A contratación sería indefinida
cun salario entre 12.000 e 18.000 euros ao ano.
Máis info:
http://www.igalia.com
http://www.tecnoempleo.com/oferta-empleo/ingeniero-software-libre/bdabpd9ddj31dkac81a9
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,759/Itemid,2/