[Ofertas_emprego_software_libre] C.T.I TEGNIX busca enxeñeiros(as) superiores
Roberto Brenlla
brenlla en gmail.com
Ven Xan 19 11:23:01 CET 2007
C.T.I. TEGNIX, S.L. é unha consultora especializada en Software Libre
que posúe un marcado caracter social por estar conformada por
integrantes multidisciplinares de ampla experiencia profesional e
colaborativa nos distintos proxectos nos que participan.
C.T.I. TEGNIX precisa
-Titulados(as) en enxeñaría superior ou equivalente, preferentemente
en Informática ou Telecomunicacións
-Con experiencia en contornos libres de GNU/Linux, mínimo a nivel uso avanzado
-Galego falado e escrito, inglés a nivel medio
Necesitamos persoas con capacidade de traballo, de asumir
responsabilidades, implicadas co Sw Libre e co proxecto da empresa.
Condicións económicas a convir. Aceptamos candidaturas serias, sen
desbotar obter participacións da empresa.
Contacto:
tegnix ARROBA tegnix.com
--
Roberto Brenlla
www.tegnix.com