[Ofertas_emprego_software_libre] Nova oferta de emprego en Igalia

Javi Vázquez jvazquez en igalia.com
Xov Maio 10 18:11:48 CEST 2007


¿Queres traballar en proxectos de Software Libre dende Galicia para o
mundo? 

En Igalia buscamos persoas capaces de contribuir e formar parte do noso
magnífico entorno de traballo ó redor do Software Libre, persoas
dispostas a comprometerse e disfrutar do seu traballo, ávidas por
aprender e compartir coñecemento. 

Contratamos apaixonados do Software Libre, mozos e mozas xóvenes con
elevada capacidade técnica, un razoable nivel de inglés e unha formación
académica relacionada coa Enxeñería e/ou o software.

Igalia Free Software Engineering é unha empresa cooperativista e de
estructura plana que ofrece servizos en torno ao Software Libre, formada
por máis de 25 Enxeñeiros cunha elevada capacitación técnica. 

¿Queres disfrutar traballando en Software Libre? A nosa mensaxe é
simple: mesma responsabilidade, mesmo salario, mesma capacidade de
decisión. 

¿Queres traballar en proxectos de Software Libre dende Galicia para o
mundo? 

http://www.igalia.com/workwithus