[Ofertas_emprego_software_libre] Oferta de emprego para Wireless Galicia.
mancomun
mancomun en mancomun.org
Lun Abr 14 16:08:14 CEST 2008
En Wireless Galicia
<http://www.mancomun.org/informacion-detallada-da-empresa-35.html>
precisan dun *analista/programador PHP* con ampla experiencia en
contornas LAMP. Requírese unha persoa familiarizada con metodoloxías de
desenvolvemento áxiles e con gusto pola programación e o Software Libre.
As funcións do posto serán principalmente a consultoría e
desenvolvemento de aplicacións baseadas en LAMP e a implantación e
personalización de aplicacións libres como Joomla, Typo3, osCommerce.
Os requirimentos son:
* *Estudos mínimos:* A partir de FP de grado superior.
* *Experiencia mínima *de 2 años en contorno PHP.
* Coñecementos amplos da plataforma LAMP (Linux, Apache, Mysql, PHP,
Perl), HTML, XHTML/CSS, XML, PostgreSQL e JavaScript.
* Experiencia en *PHP 4/5 orientada a obxectos.*
* Experiencia no uso do repositorio *PEAR* de extensións PHP
(QuickForm, Pager...).
* Os candidatos deberán presentar o seu *portfolio ou referencias de
proxectos *nos que teñan participado.
Ademais destes requirimentos obrigatorios valorarán:
* Experiencia no desenvolvemento de proxectos de envergadura.
* Coidado pola escritura de código optimizado e limpo en PHP.
* Experiencia ou capacidade para traballar en sitios Web de elevado
tráfico.
* Experiencia escribindo código optimizado e limpo en PHP.
* Experiencia na utilización de Subversion e Smarty.
* Ter traballado con aplicacións open source de uso estendido como
Joomla, Typo3, Wordpress, osCommerce, Sugar CRM, Openbravo,
Alfresco, etc.
* Experiencia na busca e localización de solucións Open Source en
repositorios como sourceforge.net.
Os candidatos poderán enviar o seu CV e/ou carta de presentación a
través de calquera dos medios que indican na oferta publicada na súa web
<http://www.wirelessgalicia.com/contenidos/index.php?option=com_content&task=view&id=112&Itemid=31&lang=ga>
.
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/ofertas_emprego_software_libre/attachments/20080414/03bc3e01/attachment.htm