[Ofertas_emprego_software_libre] Novas ofertas de emprego en Software Libre da S.A.X CESGA

mancomun mancomun en mancomun.org
Lun Feb 18 12:28:37 CET 2008


[[ MÁIS INFORMACIÓN EN: Nova en Mancomun.org 
<http://www.mancomun.org/novas/ofertas-de-emprego/novas-ofertas-de-emprego-en-software-libre-4.html> 
]]

A S.A.X. CESGA convoca unha praza de técnico de comunicación 
<http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/id,87/lang,gl/> 
para o proxecto Mancomun.org. Os requirimentos da praza pódense 
consultar na oferta completa na seguinte ligazón: Oferta completa (pdf) 
<http://www.cesga.es/File/empleo/ofertas/2008/DO_ELE_BASES_Public_Febr_posto_Tec-2-Dis-SL-08.pdf>.

As actividades a desenvolver dentro do posto, serán, entre outras:

    * Difusión dos contidos e resultados das actividades desenvolvidas
      por Mancomun.org
    * Elaboración de documentación para a difusión das actividades de
      mancomun.org.
    * Organización de eventos (seminarios, congresos, feiras, etc.) 
    * ...

Asemade, a S.A.X CESGA tamén convoca outra praza de técnico para o 
proxecto "SÓCRATES" 
<http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/id,86/lang,gl/>.
 
A descrición deste posto é a seguinte:

    * Instalación e configuración de contornos web baseados en Software
      Libre que se axusten aos requirimentos dos proxectos.
    * Mantemento dos servidores e servizos relacionados.
    * Programación de módulos adicionais que sexan necesarios.
    * Soporte técnico aos usuarios.
    * Comunicación co resto dos socios europeos dos proxectos.
    * Presentación de resultados en conferencias ou congresos nacionais
      e internacionais.
    * ...

Os candidatos deberán enviar C.V., indicando a referencia correspondente 
á oferta de emprego na que estean interesados, antes das 14:00 horas do 
27-02-2008:

    * Correo electrónico: emprego en cesga.es <mailto:emprego en cesga.es>
    * Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela

------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/ofertas_emprego_software_libre/attachments/20080218/6fa65263/attachment-0001.htm