From fjrial en cesga.es Thu Jun 12 14:39:05 2008 From: fjrial en cesga.es (Frco. Javier Rial) Date: Thu, 12 Jun 2008 14:39:05 +0200 Subject: [Ofertas_emprego_software_libre] =?iso-8859-15?q?Ofertas_de_empre?= =?iso-8859-15?q?go_para_traballar_en_Mancom=FAn?= Message-ID: <485118E9.5070306@cesga.es> A S.A.X. CESGA convoca dúas prazas para técnicos do proxecto Mancomún. En concreto as prazas publicadas son: * Técnico de Tradución e Asesoramento Lingüístico (oferta completa PDF ) * Técnico experto en Software Libre (oferta completa PDF ) Os requirimentos das prazas pódense consultar nas oferta completas. Para presentarse ás distintas ofertas é imprescindible cumprimentar correctamente o apartado de "*Documentación a presentar obrigatoriamente*" de cada unha das ofertas. As funcións para cada un dos postos serán: TÉCNICO DE TRADUCIÓN E ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO -Liderar os proxectos de localización ao galego do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. -Realizar actividades encamiñadas ao establecemento dunha metodoloxía de tradución de Software Libre baseada nos estándares da comunidade de profesionais da tradución. -Comunicación cos distintos axentes involucrados nas comunidades de desenvolvemento e tradución do Software Libre. -Colaboración en actividades de difusión do Software Libre. -Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa calidade debida. TÉCNICO EXPERTO EN SOFTWARE LIBRE As funcións para este posto serán: - Participar en tarefas de desenvolvemento e mantemento da Forxa de Mancomun.org. - Colaboración en actividades de difusión do Software Libre incluíndo labores de dinamización da Forxa. - Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa calidade debida. Máis información nas ofertas completas. -- Frco. Javier Rial Rodríguez Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia http://www.mancomun.org mancomun en mancomun.org ------------ próxima parte ------------ Borrouse un adxunto en formato HTML... URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/ofertas_emprego_software_libre/attachments/20080612/f2b47fab/attachment.htm From mancomun en mancomun.org Mon Jun 30 08:45:09 2008 From: mancomun en mancomun.org (=?ISO-8859-15?Q?mancom=FAn?=) Date: Mon, 30 Jun 2008 08:45:09 +0200 Subject: [Ofertas_emprego_software_libre] Ofertas de emprego na Oficina de Software Libre da USC Message-ID: <486880F5.2050802@mancomun.org> Ofertas de emprego na Oficina de Software Libre da USC O Departamento de Electrónica e Computación da USC ven de publicar dúas ofertas de emprego para o Oficina de Software Libre da USC: No mes de xullo bótase a andar, en base a un convenio entre a USC e a Consellería de Innovación e Industria, a Oficina de Software Libre da USC. Para facerse cargo da mesma, precísanse dúas persoas a tempo completo, unha como coordinador e outra como técnico, con experiencia no mundo do Software Libre. PERFÍS: * Coordinador. Capacidade e experiencia demostrable en xestión de recursos e organización de actividades de formación e difusión no ámbito de Software Libre. * Técnico. Capacidade e experiencia demostrable en soporte técnico para a organización de actividades de formación e difusión no ámbito de software libre e experiencia no desenvolvemento e mantemento de portais web. FORMA DE CONTRATACIÓN. No caso do coordinador será un contrato e no caso do técnico será unha bolsa. DURACIÓN. Desde xullo de 2008 ata decembro de 2009. SOLDO APROXIMADO. 1733 euros brutos/mes, no caso do coordinador, e 1200 euros brutos/mes, para o bolseiro. LUGAR DE TRABALLO. En Santiago de Compostela, no Campus Sur da USC. SELECCIÓN DE CANDIDATOS. Os/as interesados/as deben enviar o seu Curriculum Vitae e expediente académico detallado ao enderezo electrónico atic PUNTO software ARROBA usc PUNTO es. A data límite para a recepción de solicitudes é o 4 de xullo de 2008. Máis información na fonte orixinal da nova ou en atic PUNTO software ARROBA usc PUNTO es